Os St. Paul Saints son un equipo de béisbol estadounidense das Ligas Menores (Minor League Baseball) con sede en St. Paul, Minnesota. O club, de clase Triple-A, compite na Midwest Division da International League. Anteriormente, formou parte da Northern League (1993–2005) e da American Association (2006–2020), ambas ligas independentes. Desde 2021, a franquía está afiliada aos Minnesota Twins da Major League Baseball. O equipo xoga os seus encontros como local no CHS Field, un estadio inaugurado o 21 de maiode 2015 con capacidade para 7.210 espectadores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos das MiLB