Joaquín Míguez Ledo, nado en Mondariz cara a 1907 e finado en Vigo o 24 de outubro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Na Segunda República foi presidente do Sindicato de Gondomar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e procesado na causa 805/36, polo delito de rebelión con José Pequeño Rodríguez (alcalde de Gondomar), Rogelio Lorenzo González (tenente de alcalde), José Cribeiro González, José Vargas Lorenzo e os obreiros Eduardo Hermida Pereira, Antonio Iglesias "Cañón", Manuel Domínguez Sanromán e Feliciano Vargas. Xulgados en consello de guerra en Vigo o 16 de outubro,El Diario de Pontevedra, 16-10-1936, p. 2. foi condenado a pena de morte e executado en Vigo o 24 de outubro de 1936.El Pueblo Gallego, 25-10-1936, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas de Galicia

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Mondariz Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos