Abraham Pérez, nado en Lugo en 1990, é un escritor galego.
Traxectoria Graduado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, e máster de Filosofía: Coñecemento e cidadanía, pola mesma Universidade. Cursou estudos de guionista en Madrid. Colaborou nas publicacións Revista Détour, Drugstore Magazine e Cuatro Ojos Magacín e no programa O Sombreiro de Merlín de Radio Obradoiro. Varios dos seus poemas apareceron en Grial, Luzes, Dorna, Xistral ou Tr3sreinos. Parte da súa obra está traducida ao portugués, o inglés, o francés e o castelán.
En decembro de 2020 obtivo o segundo premio no III Certame de poesía Torre de Caldaloba coa obra unha teoría para os espectros. E en 2021 a súa obra toxicidade foi 2º premio na categoría F do Certame de Poesía Francisco Añón. Ademais, no ano 2022 foi un dos artistas seleccionados para desfrutar dunha das bolsas de investigación na escrita da Residencia Artística Mariñán que se levan a cabo no Pazo de Mariñán, asemade foi finalista no XXXIV premio Torrente Ballester en lingua galega. No 2023 foi seleccionado para a Residencia Literaria da Illa de San Simón. En novembro do 2025 foi o gañador do VIII certame de poesía Torre de Caldaloba coa obra Chernóbil revival. No 2026, A vida a arder foi seleccionado como libro finalista para o II Premio Trevo, o cal salienta as mellores obras de narrativa publicadas no ano anterior. Forma parte do grupo poético Lupercais.
Ten participado en numerosos recitais, así como realizado intervencións nas que mestura literatura, pensamento filosófico e arte conceptual para museos e galerías de arte. É membro da AELG.
Obra En galego Diario
Gaivotas manchadas de petróleo (2024). A Coruña: Menino Morreu. (Traducido ao portugués:Gaivotas manchadas de petróleo (2026), por Menino Morreu. Tradución de Ângelo Pineda.)
Ensaio Sacho de seda (2023). A Coruña: Menino Morreu. ISBN 9788419344076.
Narrativa
O paso en falso (2023). Vigo: Galaxia, col. Literaria. 178 páxs. ISBN 978-84-1176-153-6. A vida a arder (2025). Vigo: Galaxia, col. Literaria Ronsel. 202 páxs. ISBN 978-84-1176-507-7.
Poesía Fragmento / Creba (2020). Vigo: Galaxia. 170 páxs. ISBN 978-84-9151-465-7. Unha teoría para os espectros (2021). Noia: Editorial Toxosoutos.
O corpo transparente das horas (2022). Vigo: Galaxia, col. Dombate. 138 páxs. ISBN 978-84-9151-807-5. Publicado en francés no 2025 por Cahiers de l'Approche e a Université d'Orleáns. Tradución realizada por Fátima Rodríguez. Praia artificial (2026). Nigrán: Edicións e Producións Fetiche.
Obras colectivas XXV Certame Francisco Añón de Poesía (2022). Concello de Outes. Lupercais (Unha antoloxía posible) (2023). Chan da Pólvora Editora. Rosalia no barrio (2024). Solaina. Esa tépeda luz das Mariñas (2024). Deputación da Coruña. Lugopoética 2025 (2026), UNED.
Traducións Labirintos e fronteiras, de Paulo Chagas (2022). Amargord. Edición bilingüe portugués-castelán xunto con Luís Valle e Miguel Ángel Curiel.
En castelán Esferas (2017). Ediciones Oblicuas. ISBN 978-84-16967-19-3. (relatos).Presentación en Lugo del libro: Esferas, de Abraham Pérez Materiales básicos de la carencia (2018). Ediciones en Huida. ISBN 978-84-17502-05-8. (poesía).Presentación de libro: Materiales básicos de la carencia, en Lugo Premios 2º Premio no III Certame de poesía Torre de Caldaloba pola obra unha teoría para os espectros (2020). Accésit no XXV Certame de poesía Francisco Añón pola obra Toxicidade (2021). Finalista do Premio de narrativa Illa Nova de Narrativa por O paso en falso (2022). Finalista no XXXIV premio Torrente Ballester en lingua galega por O paso en falso (2022). 1° Premio no VIII Certame de poesía Torre de Caldaloba pola obra Chernóbil revival (2025). Finalista do II Premio Trevo por A vida a arder (2026).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog do autor Entrevista
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1990 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela