Alguien tiene que morir é unha miniserie española-mexicana de Netflix creada por Manolo Caro, tamén creador da serie La casa de las flores. A serie de tres episodios ten lugar en 1954 en España e xira arredor dunha sociedade conservadora e tradicional durante o franquismo, "onde as aparencias e os lazos familiares xogan unha función clave". Conta cun elenco encabezado por Carmen Maura e Cecilia Suárez.
Sinopse Un mozo de familia adiñeirada regresa a España de México onde viviu algúns anos. Con el vén un amigo bailarín de ballet, Lázaro, cuxa presenza desafiará a sociedade conservadora dos anos 50. Ademais, os seus pais dinlle que acordaron un matrimonio para el.
Elenco En outubro de 2019 publicouse a lista do elenco na revista Cosmopolitan.
Principal Carmen Maura como Amparo Falcón, a nai de Gregorio. Cecilia Suárez como Mina Falcón, a nai de Gabino e esposa de Gregorio. Ernesto Alterio como Gregorio Falcón, o pai de Gabino e marido de Mina. Alejandro Speitzer como Gabino Falcón, un mozo español que acaba de chegar de México. Isaac Hernández como Lázaro, un bailarín mexicano que acompaña a Gabino ata España. Ester Expósito como Cayetana Aldama, a prometida de Gabino. Carlos Cuevas como Alonso Aldama, un vello amigo de Gabino e irmán de Cayetana. Mariola Fuentes como Rosario, a empregada da casa. Pilar Castro como Belén Aldama, nai de Cayetana e Alonso. Juan Carlos Vellido como Santos Aldama, pai de Cayetana e Alonso. Eduardo Casanova como Carlos, preso. Manuel Morón como Don Federico, xefe de Gregorio. Javier Pereira como Enrique, fillo de Rosario.
Secundario Iván Sánchez como Jaime Abril Montilla como Isabel Javier Morgade como Martín Eloi Costa como Pedro Bruno Sevilla como Javier Miri Pérez-Cabrero como Cristina
Capítulos Número Título Dirixido por Escrito por Data de lanzamento 1 "Soltar la presa" Manolo Caro Manolo Caro, Monika Revilla e Fernando Pérez 16 de outubro de 2020 2 "Tomar puntería" Manolo Caro Manolo Caro, Monika Revilla e Fernando Pérez 16 de outubro de 2020 3 "Apretar el gatillo" Manolo Caro Manolo Caro, Monika Revilla e Fernando Pérez 16 de outubro de 2020
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1950 Categoría:Series de televisión de Netflix