Almeida é un concello colombiano, que se atopa na provincia do Oriente, no departamento de Boyacá. Atópase a carón do encoro la Esmeralda que abastece a central hidroeléctrica de Chivor. Está comunicado vía terrestre co concello de Guateque, do cal dista 27,5 km. Ten unha superficie de 57,98 km² e unha poboación de 1.754 persoas (2015).Censo de 2005

Historia O concello foi fundado nunha verea de nome Yavir do concello de Somondoco o 26 de abril de 1889, baixo o nome de La Santísima Trinidad, na honra de tres bispos da rexión. Posteriormente foi cambiado o nome polo actual Almeida, como tributo aos irmáns Almeida que loitaron pola independencia na batalla de Boyacá.

O 28 de agosto de 1906, erixiuse como a Parroquia da Trinidad. O 24 de setembro de 1907, efectuouse a fundación oficial por medio do Acordo Departamental No. 003 do 4 de xullo de 1907, baixo a presidencia do xeneral Rafael Reyes.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Boyacá