miniatura|Prutah de bronce de Marco Antonio Félix, procurador de Xudea, cuñado ca. 56/57 d. de C.

As moedas dos gobernantes romanos de Xudea son as correspondentes ás emisións levadas a cabo polos procuradores e os prefectos romanos da provincia de Xudea, entre o ano 6 e o 66 d. de C. Todas estas moedas están cuñadas en bronce, responden a uns mesmos parámetros metrolóxicos e teñen unha única denominación: o prutah.Jacobson, D. M. (2019). Páxinas 73-75.

Non todos os procuradores e prefectos emitiron moeda; os únicos que o fixeron foron Coponio, Marco Ambíbulo, Valerio Grato, Poncio Pilato, Marco Antono Félix e Porcio Festo, e de todos eles en conxunto coñécense 19 modelos diferentes.Hendin, D. (1976). Nos: 635-653.

Os derradeiros procuradores, Lucio Albino, Xesio Floro e Marco Antonio Xuliano non fixeron emisión ningunha, xa que a primeira guerra xudeu-romana estaba ás portas e os líderes da revolta comezaron a emitir as súas propias moedas.

Procuradores e prefectos que cuñaron moeda

Coponio miniatura|Prutah emitido por Coponio, ca. 6 d. de C.

Coponio foi o primeiro prefecto romano de Xudea; foi nomeado o 6 d. de C., cando Herodes Arquelao, fillo de Herodes o Grande, foi destituído e desterrado á Galia por Augusto.Gottheil, R.; Krauss, S. (1906). "Coponius". En Jewish Encyclopedia. Páxina 260. Coponius escolleu como motivo do reverso das súas cuñaxes unha palmeira con dous acios de dátiles, que ata entón só aparecera nunhas raras moedas de Herodes Antipas. O deseño da palmeira retomouse posteriormente para representar a Xudea en moedas emitidas polos xudeus durante a primeira e a segunda guerra xudeu-romana, e noutras emisións posteriores relacionadas con Xudea."Ancient Jewish Coins: Coins from the Procur ators (6-66 CE)". Jewish Virtual Library."Prutah - Augustus. Coponius as Prefect". Numista.com

Os anversos das moedas de Coponio amosan unha espiga de orxo. A dobre representación da palmeira e o orxo fíxose por sensibilidade cara ao costume xudeu de non representar animais nas súas cuñaxes. Este é o motivo de que non se amose o retrato de Augusto nestas moedas. No entanto, as súas lendas si que reflicten expresamente que Xudea foi ocupada polo Imperio Romano: a lenda do anverso é [K]aisa-ros ("de César") e no reverso indícase cunha letra á dereita da palmeira o ano de reinado do emperador (A=1, B=2, etc.)."Coponius [governed 6-9 CE]". Virtualreligion.net

Marco Ambíbulo Marco Ambíbulo foi o prefecto de Xudea entre os 9 e 12 d. de C. e emitiu unha moeda en cada un dos anos do seu mandato. Do mesmo xeito que nas moedas de Coponio, tamén as de Ambíbulo se representa a palmeira con dous acios de dátiles e a espiga de orxo."Prutah - Augustus. Marcus Ambivulus as Prefect". Numista.com

Valerio Grato Valerio Grato, como prefecto de Xudea (15-26 d. de C.) baixo o mandato do emperador Tiberio, cuñou prutah de bronce con tipos moi diferentes e en datas diversas. Os tipos representados nas súas moedas abranguen desde as pólas de palmeira ata os lirios, a cornucopia, as follas de videira ou as ánforas.Sayles, W. G. (1999). Páxina 113. Algunhas das súas moedas amosan o título de César no interior dunha coroa e unha alusión ao nome do emperador Tiberio (TIB) ou ao da súa nai Xulia (IOYLIA), así como o ano do seu reinado por riba dos dous cornos da abundancia.Moedas de Valerio Grato. Numista.com

Poncio Pilato miniatura|Prutah de Poncio Pilato, cuñado en 29 d. de C.

Os prutah de bronce emitidos por Poncio Pilato entre 26 e 36 d. de C. resultan de especial interese para o cristianismo e para o xudaísmo, por mor da súa conexión con Xesús e o seu papel na historia xudía. Como prefecto, estaba decidido a promover unha forma de relixión romana sen que supuxese un óbice a postura crítica dos xudeus ao respecto. Rompendo a tradición dos seus antecesores, as súas moedas representan o simbolismo romano relacionado co culto imperial, con motivos como o simpulum (un cullerón utilizado nas libacións nos sacrificios, símbolo do sacerdocio romano) e o lituus (a variña máxica dos augures).Fontanille, J-P. "The Coins of Pontius Pilate". NumismaLink.com Fontanille, J-Ph. (2001). "The Pontius Pilate Coinage". Coinsite.comMoedas de Poncio Pilato. Numista.com

No entanto, tense argumentado que se Pilato intentase provocar ou ofender deliberadamente os xudeus tería posto o busto do emperador no anverso das súas moedas, no canto das espigas de orxo, as palmas ou outros motivos.

miniatura|Prutah de Marco Antonio Félix, cuñada o 54 d. de C.

Marco Antonio Félix Félix foi procurador de Xudea baixo o imperio de Claudio. As súas moedas amosan os nomes de Claudio, de Xulia Agripina, Nerón (como César) e Británico.Sayles, W. G. (1999). Páxina 114.

Os anversos dalgunhas destas moedas amosan dous escudos e dúas lanzas cruzadas, en tanto que nos reversos se representa unha palmeira de seis pólas con dous acios de dátiles. Neste caso, a representación dos obxectos militares funcionaría como lembranza constante para os xudeus de que estaban baixo a xurisdición imperial romana.Moedas de Marco Antonio Félix. Numista.com

miniatura|Prutah de Pordio Festo, cuñado ca. 58/59 d. de C.

Porcio Festo Do procurador de Nerón Porcio Festo apenas se coñece un tipo de moeda, que amosa no anverso unha póla de palmeira e a lenda grega KAICAPOC (César) e no reverso NEPWNOC (Nerón) nunha coroa."Prutah - Nero. Porcius Festus as Procurator". Numista.com

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Roma Iudaea Capta

Bibliografía Hendin, D. (1976). Guide to Ancient Jewish Coins. Attic Books. ISBN 978-0915018116. Jacobson, D. M. (2019). "Coins of the First Century Roman Governors of Judaea and their Motifs". En Electrum. Vol. 26. Páxinas 73-96 Sayles, W. G. (1999). Ancient Coin Collecting VI: Non-classical Cultures. Krause Publications. ISBN 978-0873417532 Saulcy, F. (1854). Recherches sur la numismatique judaïque. Didot, París.

Ligazóns externas Coin Exhibition: Expressions of Government on Jewish Coinage . Israel Antiquities Authority

Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas de Xudea