Héctor Vicente Buitrago Buitrago, nado en Bogotá o 29 de xuño de 1964, é un músico, compositor de música rock e activista colombiano. É recoñecido por pertencer á banda Aterciopelados e formar parte da agrupación La Pestilencia.
Traxectoria Músico, produtor musical e activista colombiano, comeza na música coa agrupación de punk La Pestilencia, coa cal edita un disco a finais dos anos 1980. A partir de 1992, con 29 anos, Héctor Buitrago comezou a desenvolver unha proposta musical que mestura música latinoamericana e influencias contemporáneas, liderando o grupo bogotano Aterciopelados, xunto con Andrea Echeverri. O contido das súas cancións e a dimensión ritual da música marcan a súa liña de traballo. Ao longo da súa carreira editou 10 discos, ademais de liderar iniciativas ambientais en Colombia.
Discografía Con La Pestilencia Demo (Sin Nombre). (1986) La Muerte... Un compromiso de todos. Mort-Discos (1989)
Con Aterciopelados (Principais Álbums de Estudio & En Vivo) Con el Corazón en la Mano. BMG (1993) El Dorado. BMG (1995) La Pipa de la Paz. BMG (1996) Caribe Atómico. BMG (1998) Gozo Poderoso. BMG (2000) Evolución. BMG (2002) Oye. Nacional Records (2006) Río. Nacional Records (2008) Reluciente, Rechinante y Aterciopelado. Sony Music (2016)
Proxectos individuais Conector. Nacional Records (2006) Conector II. Entrecasa (2011) Niños Cristal. Entrecasa (2014)
Notas
Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Nados en 1964 Categoría:Activistas de Colombia Categoría:Músicos de Colombia