Squirtle (/ˈskwɜːrtəl/), coñecido como no Xapón, é unha especie de Pokémon da franquía de Nintendo e Game Freak, o número 7 da enciclopedia electrónica ficticia chamada PokéDex. Deseñado por Atsuko Nishida, Squirtle debutou en Pokémon Red e Blue como un dos Pokémon iniciais. No mercado occidental, o seu nome foi cambiado dende Zenigame a Squirtle para darlle un nome máis "claro e descritivo". Na versión anime, Squirtle conta coa voz en xaponés de Rikako Aikawa. No anime Squirtle nunca chega a evolucionar por razóns que nunca deron a coñecer os creadores.
Na serie principal de xogos, Squirtle pode evolucionar en Wartortle no nivel 16, e pode converterse en Blastoise no nivel 36.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de pokémons Ligazóns externas Squirtle en Pokemon.com
Categoría:Especies de Pokémon