María del Carmen Giménez-López, nada en Valencia en 1978, é Investigadora Principal no CIQUS e “Honorary Associate Professor” na Universidade de Nottingham. Ten o apoio dunha ERC Starting Grant e un contrato Ramón y Cajal na Universidade de Santiago de Compostela onde coordina un grupo internacional de investigación estratéxica sobre Materia Condensada e Materiais Funcionais (MAT2).
Traxectoria María Giménez é doutora en Química Inorgánica pola Universidade de Valencia. Realizou unha estancia posdoutoral en Nottingham, tras a que obtivo unha axuda Marie Curie de dous anos. Foi beneficiaria dunha das axudas Dorothy Hodgkin Fellowship que concede a Royal Society. En 2015 converteuse en profesora asistente en Química de Materiais na universidade de Nottingham. En 2018 incorporouse a Universidade de Santiago de Compostela onde desenvolve o seu labor investigador.
Realizou estudos punteros en química de materiais que involucran materiais magnéticos conmutables, sistemas supramoleculares baseados en superficies e máis recentemente nanocarbonos híbridos funcionais. A investigación no seu grupo céntrase no desenrolo e a caracterización funcional de nanoestructuras híbridas metal-carbono para espintrónica e aplicacións relacionadas coa enerxía. Recentemente participou no descubremento dun novo tipo de líquido.
Premios e recoñecementos Premio al Investigador Emergente 2012 da Real Sociedad Española de Química. Finalista do Premio talento emergente SRUK / CERU 2016/2017. Seleccionada pola Real Sociedad Española de Química para representar a España no Young Investigator 2018 (YIW2018).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
María Giménez López (en inglés)
Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1978 Categoría:Químicos de Galicia