Elena Olegovna Serova, nada en Vozdvizhenka, Saratov, o 22 de abril de 1976, é unha cosmonauta rusa que participou na misión Soiuz TMA-14M e foi membro das expedicións 41 e 42 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Serova graduouse en enxeñería no Instituto de Aviación de Moscova en marzo de 2001 e en 2003 en economía na Academia do Estado en Moscova de Fabricación e Información. Participou na misión Soiuz TMA-14M e foi membro das expedicións 41 e 42 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 167,24 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-14M Expedición 41 Expedición 42 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados no óblast de Saratov