A pirrolizidina é un composto orgánico heterocíclico formado por dous aneis de pirrol adxacentes. É a forma hidroxenada da pirrolizina, e é a estrutura central dos chamados alcaloides da pirrolizidina.Pyrrolizidine alkaloids at KEGG

A súa fórmula empírica é C7H13N (C 75,62 %, H 11,79 %, N 12,6 %).

É un alcaloide que se encontra na natureza, xeralmente en moitas especies de plantas das familias das boraxináceas, asteráceas e fabáceas.

Este alcaloide é hepatotóxico, é dicir, que pode danar o fígado.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

U.S. Food and Drug Administration. Pyrrolizidine Alkaloids

Categoría:Alcaloides