Canción sin nombre é un filme peruano de 2019 dirixido por Melina León. Estreouse na sección "Directors' Fortnight" do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019. Foi escollido como candidato do Perú para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse O xornalista Pedro Campos (Tommy Párraga) investiga a misteriosa desaparición do bebé acabado de nacer dunha muller de Ayucucho, Georgina Condori (Pamela Mendoza Arpi) que migra a Lima por mor do terrorismo que azota a súa rexión.

Georgina busca axuda na comisaría e no Palacio de Xustiza sen atopala, mais chega ás oficinas do xornal local onde Pedro Campos toma o seu caso.

Personaxes Pamela Mendoza como Georgina Tommy Párraga como Pedro Lucio Rojas como Leo Ruth Armas como Marta Maykol Hernández como Isa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Perú propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua quechua Categoría:Filmes do Perú Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes ambientados no Perú Categoría:Filmes ambientados no século XX Categoría:Filmes sobre xornalistas