Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.
Características A estrutura do Estado Español en Comunidades Autónomas recóllese na Constitución española de 1978. O artigo 2 recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que compoñen o Estado. Esta disposición baséase na premisa da unidade indisoluble do estado español, que aparece citada como patria común de todos os españois. Non obstante, dende diversos sectores nacionalistasO PNV advirte que a unidade non se impón ou de esquerdas este segundo artigo constitucional é presentando coma un punto excluínte e de discordia ao negar o dereito de autodeterminación aos pobos que a día de hoxe están baixo a tutela do Estado, tendo especial relevancia aqueles considerados nacións.
O texto da Constitución establece os poderes que poden ser asumidos polas Comunidades Autónomas e aqueles que só se lle poden atribuír ó Estado.
A división política e administrativa de España ten a forma de 17 comunidades autónomas, ademais de Ceuta e Melilla, cuns estatutos de autonomía que lles outorgan o rango de Cidades autónomas.
A promulgación da Constitución Española de 1978, que recolle o dereito de autonomía das nacionalidades e rexións que compoñen o estado español, supuxo un cambio total con respecto ao réxime anterior, que se baseaba en plans centralizados tradicionais. Isto daba resposta a un problema que xa xurdira repetidamente na historia de España como resultado das diferentes identidades sobre as que se construíu a unidade do estado español. Unha parte significativa da povoación nega aínda hoxe que concorde con esta unidade do estado español mentres non se recoñeza totalmente a existencia de soberanía nacional das nacións do estado minorizadas.
Tras a ratificación da Constitución Española, e como resultado da posta en funcionamento dos principios contidos no Título VIII, no curso duns poucos anos completouse o proceso de instauración das 17 Comunidades Autónomas e foron aprobados os seus estatutos. Foron tamén dotadas do seu propio órgano de goberno e institucións representativas.
Comunidades Autónomas de España
Nome Capital autonómica Provincias Capital provincial 75px Andalucía Sevilla Almería Almería Cádiz Cádiz Córdoba Córdoba Granada Granada Huelva Huelva Málaga Málaga Sevilla Sevilla Xaén(es. Jaén) Xaén(es. Jaén) 75px Aragón Zaragoza Huesca(arg. Uesca) Huesca(arg. Uesca) Teruel Teruel Zaragoza Zaragoza 75px Principado de Asturias(ast. Principáu d'Asturies) Oviedo(ast. Uviéu) Asturias(ast. Asturies) Oviedo(ast. Uviéu) 75px Illas Baleares(cat. Illes Balears) Palma Illas Baleares(cat. Illes Balears) Palma 75px País Vasco(eu. Euskadi) Vitoria(eu. Gasteiz) Áraba(eu. Araba) Vitoria(eu Gasteiz) Guipúscoa(eu. Gipuzkoa) Donostia (eu: Donostia / San Sebastián) Biscaia(eu. Bizkaia) Bilbao(eu. Bilbao / Bilbo) 75px Canarias As Palmas de Gran Canaria eSanta Cruz de Tenerife As Palmas(es. Las Palmas) As Palmas de Gran Canaria(es. Las Palmas de Gran Canaria) Santa Cruz de Tenerife Santa Cruz de Tenerife 75px Cantabria Santander Cantabria Santander 75px Castela-A Mancha(es. Castilla-La Mancha) Toledo Albacete Albacete Cidade Real(es. Ciudad Real) Cidade Real(es. Ciudad Real) Cuenca Cuenca Guadalaxara(es. Guadalajara) Guadalaxara(es. Guadalajara) Toledo Toledo 75px Castela e León(es. Castilla y León) Valladolid Ávila Ávila Burgos Burgos León León Palencia Palencia Salamanca Salamanca Segovia Segovia Soria Soria Valladolid Valladolid Zamora Zamora 75px Cataluña(cat. Catalunya) Barcelona Barcelona Barcelona Xirona(cat. Girona) Xirona(cat. Girona) Lleida Lleida Tarragona Tarragona 75px Estremadura(es. Extremadura) Mérida Badaxoz(es. Badajoz) Badaxoz(es. Badajoz) Cáceres Cáceres 75px Galicia Santiago de Compostela A Coruña A Coruña Lugo Lugo Ourense Ourense Pontevedra Pontevedra 75px Comunidade de Madrid(es. Comunidad de Madrid) Madrid Madrid Madrid 75px Rexión de Murcia(es. Región de Murcia) Murcia Murcia Murcia 75px Comunidade Foral de Navarra(eu.Nafarroa) Pamplona(eu. Iruñea) Navarra(eu. Nafarroa) Pamplona(eu. Iruñea) 75px A Rioxa(es. La Rioja) Logroño A Rioxa(es. La Rioja) Logroño 75px Comunidade Valenciana(es. Comunidad Valenciana)(cat. Comunitat Valenciana) Valencia(cat. València) Alacant(es. Alicante) Alacant(es. Alicante) Castelló Castelló de la Plana Valencia(cat. València) Valencia(cat. València)
As dúas cidades autónomas son: 25px Ceuta 25px Melilla
Comunidades autónomas por superficie
Lista de comunidades autónomas españolas ordenadas por superficie. Lugar Nome Superficieen Km² Porcentaxe 1 Castela e León 94.223 18,6% 2 Andalucía 87.268 17,2% 3 Castela-A Mancha 79.463 15,7% 4 Aragón 47.719 9,4% 5 Estremadura 41.634 8,2% 6 Cataluña 32.114 6,3% 7 Galicia 29.574 5,8% 8 Comunidade Valenciana 23.255 4,6% 9 Rexión de Murcia 11.313 2,2% 10 Principado de Asturias 10.604 2,1% 11 Navarra 10.391 2,1% 12 Comunidade de Madrid 8.028 1,6% 13 Illas Canarias 7.447 1,5% 14 País Vasco 7.234 1,4% 15 Cantabria 5.321 1 % 16 A Rioxa 5.045 1,0% 17 Illas Baleares 4.992 1 % 18 Ceuta 19 0 % 19 Melilla 12 0 % T o t a l 505.988 100%
Comunidades autónomas por poboación
Lista de comunidades autónomas españolas ordenadas por poboación (datos do padrón municipal de habitantes, INE á data 01/01/2025). Lugar Nome Poboación Porcentaxe Densidade 1 Andalucía 8 676 713 17,66 % 99,43 hab./km² 2 Cataluña 8 124 126 16,54 % 252,98 hab./km² 3 Comunidade de Madrid 7 113 886 14,48% 886,13 hab./km² 4 Comunidade Valenciana 5 425 182 11,04 % 233,29 hab./km² 5 Galicia 2 714 741 5,53 % 91,79 hab./km² 6 Castela e León 2 401 221 4,89 % 25,48 hab./km² 7 País Vasco 2 242 343 4,56 % 309,97 hab./km² 8 Illas Canarias 2 258 866 4,60 % 303,33 hab./km² 9 Castela-A Mancha 2 126 378 4,33 % 26,76 hab./km² 10 Rexión de Murcia 1 586 989 3,23 % 140,28 hab./km² 11 Aragón 1 364 621 2,78 % 28,60 hab./km² 12 Illas Baleares 1 249 844 2,54 % 250,37 hab./km² 13 Estremadura 1 053 345 2,14 % 25,30 hab./km² 14 Principado de Asturias 1 015 128 2,07 % 95,73 hab./km² 15 Navarra 683.854 1,39 % 65,81 hab./km² 16 Cantabria 593.623 1,21 % 111,56 hab./km² 17 A Rioxa 326.803 0,67 % 64,78 hab./km² 18 Ceuta 83.587 0,17 % 4.398,26 hab./km² 19 Melilla 87.067 0,18 % 7.255,58 hab./km² T o t a l49 128 297100 %97.09 hab/km²
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Provincias de España
Categoría:Administración
Categoría:Política de España