Valeriano Barros Iglesias foi un barbeiro e sindicalista galego.

Traxectoria Barbeiro en Pontevedra. Foi elixido secretario da sociedade Dependientes Peluqueros en 1911. Pertenceu á directiva do Recreo de Artesanos de Pontevedra. Participou na velada organizada pola Juventud Socialista en agosto de 1918 para conmemorar o primeiro aniversario da folga xeral de agosto de 1917, xunto a Ricardo Bértola, Dionisio Quintillán Cardesín, Francisco Otero Juncal e José Gómez Osorio.* Asistiu ao Congreso constituínte da Federación Comunista de Galicia celebrado en Pontevedra o 30 de abril de 1923, no que foi nomeado director de Nueva Aurora. Acusado de militancia comunista, foi detido o 14 de abril de 1924 con Ramiro Paz Carbajal, Francisco Otero Juncal e Amando Guiance Pampín.Galicia, 16-3-1924, p. 1. En 1931 mercou a Peluquería Casiano de Pontevedra con José Barros Mera.El Progreso, 8-1-1931, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Nados en ano descoñecido