Na mitoloxía grega, Periclímeno foi o fillo de Poseidón con Cloris, filla do adiviño Tiresias.

Foi un dos defensores de Tebas cando foi atacada por Adrasto na guerra coñecida como Os sete contra Tebas. Matou un dos sete príncipes, Partenopeo, lanzando sobre el unha pedra desde o alto da muralla.

Logo saíu en persecución de Anfiarao pero non conseguiu matalo porque o tragou a terra, que se abriu cando Zeus lanzou un raio.

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Homes na mitoloxía grega