miniatura|dereita|Colin Chapman Anthony Colin Bruce Chapman foi un deseñador, inventor e construtor inglés na industria automobilística. Naceu o 9 de maio de 1928 en Londres e morreu en Norwich o 16 de decembro de 1982.
Traxectoria Fillo de Stanley Chapman, propietario do Orange Tree Pub en Richmond e do Railway Hotel Pub en Hornsey, un hostaleiro publicano, e de Mary Chapman. No ano 1952 fundou Lotus Engineering Ltd, que é unha compañía de automóbiles deportivos. Estudou enxeñería estrutural na University College de Londres, onde se integrou a University Air Squadron e alí aprendeu a voar. Despois da súa graduación, en 1954 acudiu por un pouco tempo a Royal Air Force. Os seus coñecementos das novidosas técnicas da enxeñería aeronáutica foron vitais para alcanzar as mellores técnicas automobilísticas polas cales será recordado.
Os seus fitos máis destacados na automoción, foron :
O seu Fórmula One Team Lotus gañou 7 Campionatos Mundiais de pilotos e as 500 millas de Indianapolis entre os anos 1972 e 1978. Deseñador dos Lotus Eleven, Elite e Seven. Mellora do deseño do chasis do Vanwall, o primeiro coche británico en gañar o Grand Prix. Arranxos do BRM P25 en seguridade cando se expuña a alta velocidade o ano en que gañou o Grand Prix. Conseguiu a entrada da súa compañía Lotus en Fórmula 1 e Fórmula 2. Piloto de Fórmula 1 e manager dunha decena de pilotos na década de 1960, Emerson Fittipaldi, Nigel Mansell ou John Surtees entre outros.
A liña de produción de Lotus cars foi de varios centos de vehículos. Lotus foi dos grandes construtores, após a decadencia industrial dos anos 70. O propio competidor xaponés Mazda citou ao Lotus Elan de 1962 como unha inspiración directa do MX-5, un vehículo 25 anos posterior. Chapman morreu dun ataque cardíaco.
Nunha comparecencia infrecuente en 1983 o xuíz Lord Murray expresou tras a súa morte que debido as súas conclusións sobre as investigacións de posíbel malversación de 18 millóns de libras do goberno británico en axudas industriais aos proxectos de Chapman e John Z Delorean este houbera sido sentenciado a 10 anos de prisión de non ser polo seu falecemento.
Notas
Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 1982 Chapman, Colin Chapman, Colin Categoría:Deseñadores industriais