miniatura|Mapa da área sanitaria da Coruña e Cee. A área sanitaria da Coruña e Cee é unha das sete áreas sanitarias en que se divide o sistema público de saúde galego. Divídese en dous distritos sanitarios: o Distrito sanitario de Cee, ao oeste da área, e o Distrito sanitario da Coruña ao leste.
O Distrito sanitario de Cee abrangue os seguintes concellos da provincia da Coruña: Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas. Pola súa banda, o Distrito sanitario da Coruña esténdese polos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Coirós, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Curtis, Irixoa, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Miño, Oleiros, Oza Cesuras, Paderne, Ponteceso, Sada, Sobrado, Vilarmaior e Vilasantar.
Os hospitais do Distrito sanitario da Coruña están integrados no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, que ofrece atención sanitaria a unha poboación de 510.459 cidadáns con tarxeta sanitaria. O Distrito sanitario de Cee conta pola súa banda co Hospital Público Virxe da Xunqueira, que dá servizo aos 37.216 cidadáns con tarxeta sanitaria do distrito.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web oficial
Categoría:SERGAS Categoría:Provincia da Coruña