Pokémon Project Studio é un videoxogo de estudio de creación para Microsoft Windows, lanzado o 9 de novembro de 1999 en América do Norte. Foi autorizado por Nintendo of America, Inc., desenvolvido por Leisure Concepts e publicado por The Learning Company. O paquete ten dúas versións, Pokémon Project Studio Red e Pokémon Project Studio Blue, e inclúe os Pokémon dos xogos de Game Boy Pokémon Red e Blue xunto coa arte e os personaxes humanos da serie anime Pokémon.
Acollida
O xogo recibiu valoracións positivas por partes de pais e de nenos. Kids Domain eloxiou o xogo pola súa sinxela navegación e imaxe atractiva, aínda que amosou a súa irritación pola imposibilidade de acceder ó contido prefabricado. Unha característica decepcionante sinalada por un crítico de PC Accelerator foi a incapacidade de usar todos os Pokémon dispoñibles sen ter que intercambiar CD.
Notas
Categoría:Videoxogos de 1999 Categoría:Videoxogos de Pokémon Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América