William McMichael "Bill" Shepherd, nado en Oak Ridge, Tennessee, o 26 de xullo de 1949, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-27, STS-41, STS-52, STS-102 e Soiuz TM-31 e foi membro da Expedición 1 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Shepherd graduouse en enxeñaría aeroespacial pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1971 e en enxeñería oceánica e mecánica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1978.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1984, participando nas misións STS-27, STS-41, STS-52, STS-102 e Soiuz TM-31 e sendo membro da Expedición 1 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 159,33 días no espazo. Deixou a NASA en xaneiro de 2002.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-27 STS-41 STS-52 STS-102 Soiuz TM-31 Expedición 1 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Tennessee