miniatura|Cristais de neve por Wilson Bentley, moi semellantes ás cristalizacións da auga. Masaru Emoto, nado en Yokohama o 22 de xullo de 1943 e finado en Tokyo o 17 de outubro de 2014, foi un autor xaponés coñecido polas súas teorías sobre as cristalizacións da auga doce, e as diversas formas que segundo el esta presenta dependendo da súa calidade, mais tamén antes e despois de lle falar, rezar, exporse a música ou a imaxes. Emoto nunca publicou ningún traballo en ningunha revista con comité científico de selección e as súas teorías están consideradas pseudocienciaStephen Lower.
Traxectoria Emoto é coñecido por realizar estudos sobre o holismo da auga: como se forman diferentes clases de cristais dependendo de palabras, sons ou imaxes ás que se expón. Nas súas múltiples fotografías de auga conxelada podemos observar figuras hexagonais harmónicas se a auga é moi pura ou se estivo exposta a pensamentos ou voces positivas, imaxes agradábeis ou música harmoniosa.
Segundo Emoto a importancia dos descubrimentos consiste en que os seres humanos temos altas porcentaxes de auga, e o feito de escoitarmos (ou emitirmos) oracións e pensamentos positivos vai mellorar a nosa vida e saúde; polo contrario, oracións e pensamentos negativos non fan máis que mal ao noso corpo, porque iso queda reflectido na auga do noso corpo.
Masaru Emoto participou persoalmente, xunto á súa esposa, no segundo encontro internacional de Ecoloxía da Auga, celebrado en Ourense os días 8, 9 e 10 de setembro de 2006, onde amosou unha especial preocupación pola paz e benestar mundial.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Mensaxes da auga, que está traducido a máis de 33 linguas e ten unha versión para nenas e nenos. O poder curativo da auga.
Ligazóns externas Sitio oficial de Masaru Emoto Entrevista a Masaru Emoto en Discovery Salud HADO.net/O Mundo da Auga Fotos e información de diversas cristalizacións Comentarios do diario de Emoto sobre o II Encontro Internacional de Ecoloxía da Auga, celebrado en Ourense II Encontro Internacional da Ecoloxía da Auga
Categoría:Personalidades do Xapón Categoría:Alumnos da Universidade Municipal de Yokohama Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en Iocoama