Fauzia Nasreen, nada o 6 de decembro de 1950, é unha diplomática e profesora paquistaní. Foi a embaixadora de Paquistán en Polonia e o Nepal. Foi a primeira muller diplomática do seu país, tras permitirse a incorporación da muller no servizo diplomático en 1973.

Traxectoria Nasreen incorporouse ao servizo diplomático en 1973. Estivo destinada ás embaixadas de Irán, Malaisia, Filipinas e Italia entre outras. Chegou a ser a embaixadora do seu país no Nepal e Polonia, e foi tamén a Alta Comisionada do seu país en Australia en novembro de 2009.New High Commissioner of Pakistan Ms Fauzia Nasreen has Arrived in Australia, SadaewatanSydney.com, Consultado o 8 de febreiro de 2016 Desde que deixou a vida diplomática dedicouse ao ensino en Paquistán.Fauxia Nasreen , COMSATS, Consultado o 8 de febreiro de 2016

En 2015 foi elixida como unha das 21 mulleres que se reuniron paia unha conferencia na Escola de Goberno Kennedy da Universidade Harvard financiada por Hunt Alternatives. O grupo incluía a Judy Thongori de Kenya e a Olufunke Baruwa, Esther Ibanga, Hafsat Abiola e Ayisha Osori de Nixeria.17 women changing the world, xaneiro de 2015, InclusiveSecurity, Consultado o 8 de febreiro de 2016

Recoñecementos Entre as súas condecoracións está a Cruz do Comandante da Orde do Mérito, outorgada polo goberno de Polonia.

Notas

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Paquistán Categoría:Embaixadores Categoría:Políticos de Paquistán