A historia da Coruña abrangue a historia da cidade da Coruña. Érguese nunha península situada na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O territorio que abrangue o actual concello da Coruña foi sucesivamente poboado en época castrexa e romana, pero é a comezos do século XIII cando a cidade é refundada na localización orixinal da Cidade Vella ao sueste da península. Co paso dos séculos a cidade estenderase progresivamente a través do tómbolo cara ao continente.
Prehistoria Asúmese que A Coruña pode ser a poboación que Tolomeo menciona no século II d.C. como Brigantium; estaría habitada polos Ártabros. Baixo esa suposición, algúns autores afirman que a parte máis antiga da cidade, coñecida popularmente como Cidade Vella, Cidade Alta ou a Cidade, está edificada sobre un castro, mais até o momento nesta parte da cidade non apareceu ningunha evidencia arqueolóxica na que apoiar esta afirmación.Historia de La Coruña, p. 53. José María Bello et al. Vía Láctea. 1995. Si que hai restos arqueolóxicos de época castrexa noutras zonas do termo municipal, coma os do Castro de Elviña e o de Nostián.
Idade Antiga miniatura|250px|Torre romana de Hércules|esquerda A chegada dos romanos á zona prodúcese da man de Xulio César no ano 62 a.C.. A vila comezou a medrar, en particular durante os séculos I e II d.C. (cando se constrúe a Torre de Hércules), para decaer a partir do século IV d.C. e especialmente coas incursións normandas, que parece que teñen feito fuxir á poboación cara ao interior da ría do Burgo. A poboación recibe daquela o nome de Burgo do Faro.
Idade Media miniatura|Monumento a Afonso VIII na Coruña, obra de Juan Creus e Covadonga Carrasco a partir dunha idea de Isaac Díaz PardoLos Príncipes inauguran un monumento que conmemora 800 años de A Coruña como ciudad Tras a caída do Imperio Romano, A Coruña aínda conta cun porto comercial conectado ó estranxeiro, se ben os contactos co Mediterráneo van sendo substituídos por África Occidental e a fronte atlántica europea. Mais o proceso desurbanizador que segue á caída do Imperio tamén afecta á cidade. Nos séculos VII e VIII a cidade é unha pequena aldea de labregos e mariñeiros situada na praia que hoxe está baixo as rúas Real e Rego de Auga
O Cronicón Iriense -escrito no século XI-, cita a Faro (é dicir, A Coruña) coma unha das dioceses que o rei Miro concedeu ó episcopado de Iria Flavia no ano 572:
"Mirus Rex Sedi suae Hiriensi contulit Dioceses, scilicet Morratium, Salinensem, (...) Bregantinos, Farum..."
[O Rei Miro conferiu á súa sé iriense as dioceses de Morrazo, Salnés (...). Bergantiños, Faro...] Cómpre dicir que naquel tempo o termo "diocese" non era sé do bispo, senón máis ben unha subdivisión do territorio que este abranguía.
A invasión árabe da Península non inflúe nos restos arqueolóxicos atopados na cidade e non se pode afirmar que os árabes chegaran á cidade con rotundidade. O meirande problema que enfrontan os cidadáns da cidade na alta idade media son as razzias normandas (estaría mellor falar de viquingos, xa que os normandos pese a te-la mesma orixe, era un pobo cristián e máis interesado na influencia sobre Francia e a Heptarquía anglosaxoa). Ó longo do século IX prodúcense varios ataques viquingos á cidade chamada Faro ou Faro Bregancio.
No ano 991, o rei Vermudo II emprende a construción de postos militares costeiros con carácter defensivo. En Faro, nos restos da Torre de Hércules establécese unha fortaleza que terá unha guarnición militar permanente. Para sufraga-lo seu custo, cede a potestade da vila ó bispo de Santiago quen será a figura predominante en Galicia ata o século XV. miniatura|esquerda|Castelo de Santo Antón, entrada O 1 de xuño de 1208Pallares Méndez, María del Carmen e Portela Silva, Ermelindo, De Xelmírez aos Irmandiños. A Galicia feudal (séculos XII-XV). A gran historia de Galicia, Tomo V, Volume 1. Arrecife Edicións Galegas (2007). ISBN 978-84-96931-09-1., Afonso VIII refundou Crunia como porto de reguengo (iuxta Turrim de Faro in loco qui dicitur Crunia, na carta do Foro de Benavente). Co privilexio de desembarcar e vender sal sen pagar ningún imposto, a vila enceta un grande desenvolvemento mercante e pesqueiro. A cidade medra e esténdese polo tómbolo da península. O actual centro da cidade era "A Peixería", e nela asentábase o gremio dos mareantes. En 1446 Xoán II concédelle o título de cidade. Os Reis Católicos instalaron nesta cidade a Real Audiencia do Reino de Galicia, abandonando Compostela, para evitar así a intromisión arcebispal. A Coruña recibiu tamén a sede do Capitán xeneral.
Idade Moderna
Carlos I reuniu na Coruña as Cortes que o coroarían emperador, e a Xunta do Reino de Galicia conseguiu entre 1522 e 1529 que se lle concedese a Casa da Especiaría, o que lle permitiu distribuír en Europa as especias. Autorizouse o comercio coas Indias entre 1529 e 1575. Como protección construíuse o castelo de Santo Antón.
Do seu porto partiu en 1554 Filipe II para casar con María Tudor e en 1588 a Armada Invencible, rumbo ao seu desastre. Francis Drake cercouna o ano seguinte pero foi rexeitado e naceu entón o mito de María Pita cando esta muller colleu a arma do seu home morto e continuou disparando. Tras queimar o mosteiro de San Domingos, o barrio de San Tomás e A Peixería, os ingleses retiráronse o 19 de maio.
Nos séculos XVI e XVII, as continuas guerras da monarquía española implicaron un grande aumento dos impostos e o recrutamento da poboación, co que a cidade sufriu unha recesión. En 1620, Filipe III creou a Escuela de los Muchachos del Mar. En 1682 restaurouse a Torre de Hércules a cargo do arquitecto Antúnez.
Na guerra de sucesión, a cidade volveu a sufrir a alza dos impostos e o recrutamento. Co remate da guerra en 1716 seguiu medrando, grazas ás actividades produtoras e exportadoras dos empresarios cataláns aveciñados na cidade. A partir de 1764, coa instalación dos Reais Correos Marítimos a América, A Coruña adquiriu o pulo portuario e comercial definitivo. Tamén se creou o Consulado do Mar.
En 1804 creouse a Fábrica de Tabacos da Coruña, berce do movemento obreiro e durante o século XIX fóronse instalando lentamente outras industrias (vidro, fundición, tecidos, gas, mistos etc., aínda que foi o comercio marítimo e a emigración o que atraeu os investimentos cataláns, maragatos, belgas, franceses ou ingleses. O Banco de La Coruña fundouse en 1857 e a Caja de Ahorros en 1876. Tamén influíu no desenvolvemento económico a nova división provincial de 1832, que reduciu o número de provincias de 7 a 4 e aumentou a actividade burocrática administrativa. Con efecto, A Coruña converteuse na capital rexional de facto.
Idade Contemporánea
Século XIX miniatura|dereita|Mosaico cun mapa conmemorativo da batalla de Elviña colocado onde está o punto amarelo. A resistencia durante a Guerra da independencia española estivo desde o principio liderada por Sinforiano López, e A Coruña foi a única cidade galega que logrou oporlle resistencia aos franceses. O 16 de xaneiro de 1809, na batalla máis significativa, a Batalla de Elviña, as tropas francesas acosaron as inglesas que fuxían e nela morreu o xeneral inglés Sir John Moore, logrando a pesar disto o seu obxectivo, que era embarcarse rumbo a Inglaterra. Os franceses abandonaron Galiza a finais de maio.
O 19 de agosto de 1815, o mariscal de campo Juan Díaz Porlier, "O Marquesiño", pronunciouse contra Fernando VII e na defensa da Constitución de 1812. Contaba co apoio da burguesía e da intelectualidade. Marchou co exército sobre Santiago mais, o 22 de agosto foi traizoado, preso e levado para o Castelo de Santo Antón. Foi enforcado no Campo da Leña dous meses máis tarde. En todos os levantamentos do século XIX Coruña aliñouse do lado liberal. A Coruña xogou tamén un papel vital no Rexurdimento e nela fundáronse a Real Academia Galega en 1906 e as Irmandades da Fala en 1916.
Na primeira metade do século, a cidade experimentou un notábel aumento de poboación, pasando de 12.000 habitantes a 20.000.
Século XX miniatura|esquerda|Plano da Coruña coa anexión do concello de Oza, 1912. A comezos do século XX, A Coruña contaba cuns 45.000 habitantes, que se multiplicaron até máis de 133.000 após a Guerra civil española. A partir da década de 1960, recobrou a iniciativa empresarial que perdera desde comezos de século da man do grande promotor da cidade, Barrié de la Maza (Banco Pastor, Fenosa, Aluminio de Galicia, Genosa, Emesa etc.); obtivéronse tamén a refinaría de petróleo e algúns dos primeiros Polos de Desenvolvemento.
As eleccións de 1931 Nas eleccións españolas de 1931 tódolos partidos políticos sabían o que estaba en xogo. Grande foi a campaña de Unión Monárquica na Coruña, apoiada por El Ideal Gallego. Mentres, republicanos e socialistas constituíron un bloque, formado pola ORGA, republicanos independentes, PSOE e os radical-socialistas.
Nas eleccións, os republicanos obtiveron 34 das 39 concellarías. Os mellores resultados foron os da ORGA e os do Partido Republicano Radical Socialista, e baixou moito o Partido Radical.
Agrupación políticas durante a Segunda República Española A dereita involucionista, entre eles a Unión Monárquica Nacional, non tiña grandes apoios na cidade. Había na Coruña dous grupos das JONS, liderados por Juan Canalejo Castells e Enrique Sáez, que recibiron a Ramiro Ledesma na súa visita á cidade en 1933. Máis apoios tivo a Falange, especialmente trala unión coas JONS. Deixando de lado á Falange e ós seus achegados, destacaba tamén un sector arredor do xornal El Ideal Gallego. Á CEDA únense na Coruña a Federación Católica Agraria, de Vázquez Gundín. Conta na cidade co apoio do xornal El Ideal Gallego. Nesta agrupación militou Benito Blanco Rajoy. A dereita republicana vese representada na cidade pola Asociación Social Republicana, dirixida por Eliseo Sánchez Otero; que é parte do Partido Liberal Republicano. O Partido Radical conseguiu unicamente en 1931 tres concelleiros na cidade. Cambiaron de táctica en 1933 facendo coalición co Partido Republicano Gallego e obtiveron dous deputados pola provincia da Coruña. Coa escisión de 1934, o sector coruñés intégrase no Partido Radical Demócrata de Diego Martínez Barrio.
Durante a ditadura de Francisco Franco
A maioría dos que defenderon á república durante a guerra civil española marcharon ó exilio, e os que quedaron sufriron a represión do novo réxime. Os vencedores ocuparon tódolos postos dos "depurados", seguindo o dos títulos universitarios "por guerra", e rematando coa toma de postos da administración polos máis "leais e fieis". Namentres, os nazis asasinaban 13 coruñeses en MauthausenHistoria de la ciudad de La Coruña, páxina 509 (José Ramón Barreiro Fernández), Biblioteca Gallega..
Un grupo de franquistas, liderado por Pedro Barrié de la Maza, adquiriu o pazo de Meirás por 400.000 pesetas (uns 2.400 euros), que foron obtidas mediante subscrición popular (non sempre voluntaria), co que agasallaron ó ditador. No ano 1970, ETA estivo a piques de atentar contra Franco no seu veraneo, pero fallou a loxística no derradeiro momento.
No plano urbanístico e ambiental, o franquismo foi nefasto para A Coruña. Houbo construción desenfreada, arrasando nalgúns casos antigos lugares característicos da cidade (praza de touros, praza de Pontevedra, antigo hotel Atlántico); privatízanse praias, constrúese indiscriminadamente arredor da praia de Riazor; etc.
Na etapa dos plans de desenvolvemento, A Coruña sufriu pola mala xestión do seu Plan de Desenvolvemento, coa construción de industrias na mesma cidade, o desenfreado expansionismo urbano (provocado pola inmigración descontrolada) e unha mala integración social. Aínda hoxe a cidade sofre as consecuencias.
A oposición