Rocío Pazos Toba, nada o 17 de marzo de 1975 na Pereiriña (Cee), é unha banqueira galega.

Traxectoria Licenciouse en Economía e Empresas pola Universidade da Coruña en 1998 e ao pouco comezou a traballar no Banco Santander. Destinada en distintos postos, en novembro de 2015 déronlle unha xefatura de zona en Sevilla. En 2019 foi nomeada directora comercial para Cantabria e Asturias e ao ano seguinte, en 2020, directora comercial en Galicia. En marzo de 2021, pasou a ser directora da entidade en Galicia substituíndo a Víctor Menéndez. Nesa altura o Santander, logo da adquisición do Banco Popular (que á súa vez adquirira o Banco Pastor), era a segunda entidade en cota de mercado en Galicia, cun 26%.

Notas

Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1975 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes