Manuel Fernández Valle, coñecido como Portafondón, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Emigrou a Cuba onde tomou contacto co sindicalismo. Ao seu retorno organizou a sociedade agraria de Palas de Rei. Foi detido en outubro de 1934El Ideal Gallego, 30-10-1934, p. 6. e coñeceu na prisión a Benedicto Fuentes Díaz. En maio de 1935 Antón Villar Ponte recolleu nun artigo unha súa denuncia sobre os acaparadores de millo da comarca.El Pueblo Gallego, 19-5-1935, p. 1. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrouse na III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, no grupo de Marrofer, que se encargaba das zonas de Melide e Alto Ulla e colaborou con Ramón Rodríguez Varela "Curuxás". Logrou fuxir de Galicia e exiliouse na Arxentina.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Galegos de Cuba

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido