Susan G. Finley, nada en California en 1937, é unha científica empregada do Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA, desde xaneiro de 1958, converténdoa na muller que máis serviu na NASA. Dous días previos ao lanzamento do E, Finley empezou a súa carreira no laboratorio como calculadora humana, calculando a traxectoria do lanzamento a man. En JPL, participou na exploración da Lúa, o Sol, todos os planetas e outros corpos no Sistema Solar.
Traxectoria Finley estudou na Scripps College, durante tres anos coa intención orixinal de ser arquitecta. O seu coñecemento de enxeñaría era vasto debido aos seus talentos en matemáticas e computación, así que tentou aprender arte, pero máis tarde descubriu que a enxeñaría estaba no seu futuro. Durante a súa experiencia universitaria, ela estudou humanidades o que lle permitiu ser exitosa como enxeñeira de subsistema. Á idade de 21, abandonou a Scripps College para converterse en enxeñeira cun grupo de termodinámica en Convair en Pomona, California.
Carreira En 1958, Susan Finley comezou no Laboratorio de Propulsión a Chorro en Pasadena, California, como calculadora humana. Este traballo requiriulle realizar a traxectoria de lanzamento do foguete a man. En 1962, foi un cálculo de Finley o que demostrou que o Ranger 3 se desviou da Lúa por 35 000 quilómetros aproximadamente. A chegada dos computadores electrónicos cambiou amodo o que o grupo de mulleres computadoras facían. As mulleres foron preparadas para programar en FORTRAN, a primeira linguaxe desenvolvida para aplicacións científicas. Os enxeñeiros homes non querían estar involucrados na programación durante a década de 1960. Era considerado aínda “traballo de mulleres” e non como parte da descrición do traballo dun enxeñeiro. Durante a súa carreira, Finley facía os cálculos manuais e programas en FORTRAN que formaban parte das misións do JPL á Lúa, Marte, Venus, Mercurio, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno, nos programas do Ranger, Mariner, Pioneer, Viking, e Voyager. Na década de 1980, cambiouse á área de testeo de software e subsistema de enxeñaría na Rede do Espazo Profundo.
Entre 1990 e 2000, Finley contribuíu ás exploracións do sistema solar do JPL. Finley traballou nas misións da Mars Exploration Rover e desenvolveu tecnoloxía na cal eran enviados tons musicais a diferentes fases de descenso e transmitidas de novo á DSN. Continúa traballando tempo completo para JPL e está involucrada no apoio do DSN para recentes misións.
Obra
Algunhas publicacións
2004 "Tracking Capability for Entry, Descent and Landing and its support to NASA Mars Exploration Rovers," ResearchGate 2009 "Receiver filters and records IF analog signals," National Aeronautics and Space Administration 2012 "Spacecraft-to-earth communications for Juno and Mars Science Laboratory critical events," IEEE Xplore 2013 "Improved spacecraft tracking and navigation using a Portable Radio Science Receiver," IEEE Xplore 2013 "Sleuthing the MSL EDL performance from an X band carrier perspective," IEEE Xplore 2014 "Design and implementation of a Deep Space Communications Complex downlink array," IEEE Xplore 2016 "A comparison of atmospheric effects on differential phase for a two-element antenna array and nearby site test interferometer", IEEE Xplore
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Mulleres na NASA
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en California Categoría:Persoal da NASA