miniatura|270px|Lápida da tumba dos irmáns Presl, no cemiterio de Vyšehrad Karel Bořivoj Presl, máis coñecido na bibliografía internacional como Carl Presl ou Karl Presl, nado o 17 de febreiro de 1794 en Praga, e finado na mesma cidade o 8 de outubro de 1852, foi un botánico bohemio.

O seu primeiro nome tamén aparece escrito como Carl ou Carel, ou Carolus, e o seu segundo nome tamén aparece na grafía Bořiwog, Boriwog, Boriwag. Presl, Carl (Karl, Carel, Carolus) Bořivoj (Boriwog, Boriwag) (1794-1852) no IPNI.

Traxectoria Presl pasou toda a súa vida en Praga, agás no ano 1817, en que fixo unha expedición a Sicilia.

Estudou na Universidade Carolina de Praga da que posteriormente foi profesor de historia natural e tecnoloxía.Lotte Burkhardt (2018): Verzeichnis eponymischer Pflanzennamen – Erweiterte Edition. Teil I und II. Berlin: Botanic Garden and Botanical Museum Berlin, Freie Universität Berlin. ISBN 978-3-9462-9226-5.

O seu irmán máis vello Jan Svatopluk Presl (1791-1849) foi profesor de zooloxía e mineraloxía na mesma Universidade.

En 1820 publicou unha Flora bohemica. Foi o descritor de máis de 4 000 especies de plantas.

En 1837 foi elixido membro da Leopoldina.Karel Presl. Ano de elección: 1837 na páxina web da Leopoldina. E desde 1838 Presl foi membro correspondente da Academia prusiana das ciencias..

Obras Reliquiae Haenkeanae.... 1825–1835 Flora sicula, exhibens plantas vasculosas in Sicilia... 1826 "Lepisia, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829 Repertorium Botanicae Systematicae C. Presl, 1, nov-dec. 1833; fasc. 2, 1834 en liña en Galica "Epistola de Symphysia, Novo Genere Plantarum, ad Illustrissimum Liberum Baronem Josephum de Jacquin", marzo de 1827 "Thysanachne, Novum Plantarum Genus". Pragae [Prada], C.Presl, 30 de maio de 1829 Botanische Bemerkungen, 1844 (obra en latín, introdución en alemán) en liña en Galica "Hymenophyllaceae", C.Presl, finais de 1843 Reliquiae Haenkeanae, 2 volumes en 7 partes, 1825-1835 "Pedilonia, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C. Presl, 15 de maio de 1829 Beschreibung Zweier Neuen Boehmischen Arten der Gattung Asplenium, C.Presl, 1836 Epimeliae Botanicae. Pragae [Praga], C.Presl, outubro de 1851 Tentamen Pteridographiae, C.Presl, 2 de decembro de 1836 en liña en Galica Cyperaceae et Gramineae Siculae. Pragae [Praga], C.Presl, 1820 "Didymonema, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829 Vegetabilia Cryptogamica Boemiae Collecta a Joanne et Carolo, C.Presl Fasc. 1. nº 1 a 25. Marzo de 1812. Fasc. 2. nº 26 a 50. Maio de 1812 Symbolae Botanicae sive Descriptiones et Icones Plantarum Novarum ... C.Presl, 2 volumes "Steudelia, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829 Prodromus Monographiae Lobeliacearum, C.Presl, xull-ago 1836 Flora Sicula, C.Presl, 1826 Supplementum Tentaminis Pteridographiae, Continens Genera et Species Ordinum Dictorum Marattiaceae, Ohioglossaceae, Osmundaceae, Schizaeaceae et Lygodiaceae, Pragae [Praga], C.Presl, 1845 "Polpoda, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829 "Scyphaea, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829 Epimeliae botanicae: cum tabulis quindecim lithographicis – Pragae [Praga]: A. Haase , 1849 en liña en Galica

Honores Epónimos Xénero O xénero Preslia foi nomeado en honra a el e ao seu irmán Jan Svatopluk Presl. Revista A revista científica Preslia da Sociedade Botánica Checa, que se publica desde 1914, tamén leva o nome dos dous irmáns.

Abreviatura A abreviatura C.Presl emprégase para recoñecer a Carl Presl como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Constantin von Wurzbach (1872): "Prešl, Karl Borsiwoj". En: Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich. 23. Theil. Kaiserlich-königliche Hof- und Staatsdruckerei, Wien, pp. 275–279. (Dixitalizado). . Ernst Wunschmann (1888): "Presl, Karl". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Band 26, Duncker & Humblot, Leipzig, pp 569–572. . Eva Hoffmannová (1873):Jan Svatopluk Presl, Karel Bořivoj Presl. Melantrich, Prag. . H. Riedl (1983): "Presl Karel Bořivoj". En: Österreichisches Biographisches Lexikon 1815–1950 (ÖBL). Band 8, Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Wien, ISBN 3-7001-0187-2, p. 267. . Robert Zander (1984): Zander Handwörterbuch der Pflanzennamen. Hrsg.: Fritz Encke, Günther Buchheim, Siegmund Seybold. 13., neubearbeitete und erweiterte Auflage. Eugen Ulmer, Stuttgart. ISBN 3-8001-5042-5. .

Outros artigos Jan Svatopluk Presl

Categoría:Botánicos da República Checa Categoría:Alumnos da Universidade Carolina de Praga Categoría:Profesores da Universidade Carolina de Praga Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Nados en 1794 Categoría:Nados en Praga Categoría:Finados en 1852