Kirsan Nikolayevich Ilyumjinov (en ; en calmuco, Үлмҗин Кирсән, Ülmcin Kirsən), nado en Elista o 5 de abril de 1962, é un millonario calmuco, budista e político da Rusia. Foi presidente de Kalmukia entre 1993 e 2010, e foi presidente da Federación Internacional de Xadrez entre novembro de 1995 e 3 de outubro de 2018.

Traxectoria Foi o presidente da República dos Calmucos, unha das divisións federais da Federación Rusa e presidente da FIDE desde 1995. Kirsan decretou a obrigatoriedade do ensino de xadrez nas escolas primarias da República da Calmuquia.Russia-bound to make their moves, Miki Perkins

Aos catorce anos converteuse en campión de xadrez e boxeo na súa república, que por aquelas era a República Autónoma Socialista Soviética de Kalmukia, dentro da Unión Soviética. Foi sarxento no Exército Vermello e graduose en 1989 no Instituto de Relacións Internacionais de Moscova.Maller, Marcelo. El extraño Sr. Iliumzhínov , noticia en Diario Clarín (1 de outubro de 2005) En 1989 comenzou a dirixir unha compañía de compravenda de coches ruso-xaponesa para Mitsubishi, coa que se fixo millonario.Marín Bellón, Federico. Iliumzhínov, el iluminado, noticia en ABC (27 de setembro de 2006).

En 1993, presentouse á presidencia da Kalmukia dentro da Rusia, cargo que tivo até 2010. Iliumzhínov foi unha persoa moi tolerante cos outros cultos relixiosos da súa república, sendo esta o único caso de maioría budista en Europa.

Xadrez

Iliumzhínov foi presidente da Federación Internacional de Xadrez (FIDE) desde 1995 até 2018, tras substituír o xadrecista e politicólogo filipino Florencio Campomanes. Foi o promotor do proxecto "City Chess" en Elistá, a capital de Camulquia. O 11 de agosto de 2014, foi elixido novamente con 110 votos. O outro aspirante, o xadrecista, político e escritor ruso Garri Kasparov obtuvo 61 votos. Pero viuse involucrado en sucesivos escándalos por feitos corruptos na FIDE, e non foi nin candidato nas eleccións de 2018.

Notas

Categoría:Políticos de Rusia Categoría:Nados en 1962