Talvisota é un filme finlandés de 1989 dirixido por Pekka Parikka. Baséase na novela Talvisota de Antti Tuuri. Está ambientado na guerra de Inverno e conta a historia dun rexemento de infantaría finés de Ostrobotnia do Sur que loita no istmo de Carelia, centrándose nun grupo de reservistas de Kauhava. O filme estreouse orixinalmente en Finlandia e Suecia o 30 de novembro de 1989, cadrando co 50 aniversario do comezo da guerra de Inverno.

Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 63ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas

Personaxes Taneli Mäkelä como soldado Martti Hakala Vesa Vierikko como tenente Jussi Kantola Timo Torikka como soldado Pentti Saari Heikki Paavilainen como soldado Vilho Erkkilä Antti Raivio como cabo Erkki Somppi Esko Kovero como cabo médico Juho “Jussi” Pernaa Martti Suosalo como soldado Arvi Huhtala Markku Huhtamo como soldado Aatos Laitila Matti Onnismaa como cabo Veikko Korpela Konsta Mäkelä como soldado Paavo Hakala Tomi Salmela como soldado Matti Ylinen

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Finlandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 63ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua finesa Categoría:Filmes de Finlandia Categoría:Filmes dirixidos por Pekka Parikka Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes ambientados en 1939 Categoría:Filmes ambientados en 1940