A aña, ou añas, son cantos de traballo asociados ás labradas veciñais da terras para a sementeira do millo. Musicalmente acompáñanse do ritmo obtido polo bater das pedras nos sachos.

Características miniatura|Cantareiras cos legóns O costume das labradas chegou até os anos setenta do século XX nas comarcas galegas do Condado e da Paradanta, e consta a súa existencia en Boqueixón, na Terra de Montes e na Serra do Suído.

Durante estes traballos de axuda mutua, dividíanse as tarefas manuais entre dous bandos de labregas que competían por rematar primeiro a súa parte. As vencedoras gañaban o dereito a "botala aña", isto é, iniciar unha serie de cantigas sarcásticas dedicados ás perdedoras, mentres se acompañaban da música producida polo bater das pedras nas ferramentas de labranza.

O nome de aña, cría femia da ovella, emprégase neste caso como sinónimo de animal ruín con poucas posibilidade de supervivencia, e dáselle o sentido de premio aldraxante para o bando derrotado. De feito, na temática das cantigas empregadas nas añas, abundan as referencias ao animal e a súa familia.

Nalgunhas zonas era tradición tamén que as vencedoras, que labraban un dos cabeceiros da leira enviasen un ramallo espetado no arado aos do cabeceiro perdedor. Entregado este ramo bailábase con el que, por extensión, recibe tamén o nome de aña.

A asociación cultural Trépia de Pontevedra organiza desde o ano 2010 a "aña urbana", un encontro arredor dos bailes e cantares vencellado ao ciclo das labradas. Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Labradas Cantos das labradas Baile das labradas

Ligazóns externas

Os ciclos do ano en Toutón - TVG (Alalá nº 59 - 2008) Labrada en Queimadelos - ACF O Fiadeiro - Luar (01/2018) - TVG - Youtube. O ritual da i-aña, as labradas e as sachadas - Gillerme Inácio Costa - Lume na Palleira (11/2020) - Radio Galega.

Categoría:Cultura de Galicia Categoría:Etnografía galega Categoría:Tradicións Categoría:Música tradicional galega Categoría:Canto tradicional galego