Oséas Reis dos Santos, nado en Salvador, Baía,ogol.com.br: Dados pessoais de Oséas o 14 de maio de 1971,br.sambafoot.com: Detalhes do ex-jogador é un exfutbolista brasileiro que xogaba de dianteiro. Foi internacional coa selección brasileira.
Traxectoria Comezou a súa carreira futbolística no Galicia da súa cidade natal. En xaneiro de 1993 chegou a Ponteareas xunto a outros dous brasileiros, Gildo Santana e José Luis Garrido, para reforzar a SD Xuvenil, que ocupaba o derradeiro lugar na Rexional Preferente de Galicia. Aínda que os efectos da súa chegada foron instantáneos, o equipo non conseguiu a permanencia. Oséas continuou en Ponteareas na seguinte tempada, a 1993/94, na que marcou 42 goles e o conxunto acabou como campión do grupo.
A continuación regresou ao Brasil e xogou no Maruinense do Estado de Sergipe, onde realizou grandes actuacións dentro do campionato estatal.
Destacou a nivel nacional xogando no Athletico Paranaense, onde foi campión da Serie B e máximo goleador do campionato en 1995 (con 14 goles). Xunto con Paulo Rink, destacou no campionato brasileiro da serie A en 1996 e os seus goles e actuacións valéronlle a convocatoria para tres amigables coa selección brasileira en 1996 (contra Camerún, Bosnia e Hercegovina e Polonia).
Converteuse nun ídolo no Athletico Paranaense e en 1997 foi contratado polo Palmeiras. Marcou na final da Copa Mercosur de 1998 e na final da Copa Liberadores de 1999 contra o Deportivo Cali.
Logo pasou por Cruzeiro e Santos antes de probar sorte no Xapón, no Vissel Kobe. En 2004 gañou co Internacional o Campionato Gaúcho e a continuación regresou ao Xapón para xogar no Albirex Niigata.
No 2005 puxo fin á súa carreira no Brasiliense.
Palmarés miniatura|289x289px| Oséas coa camiseta do Maruinense de Sergipe.
Atlético Paranaense
Campionato Brasileiro de Serie B (1): 1995
Palmeiras
Copa Brasil (1): 1998 Copa Mercosur (1): 1998 Copa Libertadores (1): 1999
Cruzeiro
Copa Brasil (1): 2000 Copa Sul-Minas (1): 2001
Internacional
Campionato Gaúcho (1): 2004
Premios individuais
Máximo goleador
Athletico Paranaense
Campionato Brasileiro de Serie B (1): 1995 (14 goles)
Cruzeiro
Copa Brasil (1): 2000 (10 goles)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos do xogador en national-football-teams.com . Datos do xogador na liga xaponesa .
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Salvador, Baía Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Xogadores do Galícia Esporte Clube Categoría:Xogadores do CA Paranaense Categoría:Xogadores do SE Palmeiras Categoría:Xogadores do Cruzeiro EC Categoría:Xogadores do Santos FC Categoría:Xogadores do Vissel Kobe Categoría:Xogadores do Sport Club Internacional