miniatura|250px|Conrado III, Chronica Regia Coloniensis.

Conrado III, nado en 1093 e finado o 15 de febreiro de 1152 en Bamberg, foi un emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, o primeiro representante da dinastía dos Hohenstaufen.

Traxectoria Era fillo de Frederico I, duque de Suabia e de Inés, filla do emperador Henrique IV.

Conrado recibiu do seu tío, o emperador Henrique V, o Ducado de Franconia en 1115, e herdou do seu pai o Ducado de Suabia.

En 1138 foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Enfrontouse cos güelfos e expulsounos de Baviera, pero non puido conseguir Saxonia, outro obxectivo seu, comezando desta forma a rivalidade entre güelfos e xibelinos.

Loitou en Bohemia e Polonia. Participou na segunda cruzada, a petición de San Bernardo, xunto ao rei Lois VII de Francia, regresando a Alemaña tras o fracaso da Campaña de Damasco.

Sucedeuno o seu sobriño Frederico I Barbarroxa.

Véxase tamén

Outros artigos Rei de romanos. Dinastía Hohenstaufen. Frederico I Barbarroxa.

Categoría:Sacro Imperio Romano Xermánico Categoría:Casa de Hohenstaufen Categoría:Nados en 1093 Categoría:Finados en 1152