A lingua piapoco é unha lingua arauaca falada en Colombia e Venezuela. Está estreitamente relacionada coas linguas achagua e tariana. O piapoco está clasificado como unha lingua arauaca setentrional do alto Amazonas. Existen uns 3 000 falantes de piapoco. Os piapoco viven en Meta, Vichada e Guaviare en Colombia e tamén existen poboacións en Venezuela. É unha lingua ameazada. Está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas de Venezuela Categoría:Linguas de Colombia