A Ponte Maceira é unha aldea que está situada na parroquia de Portor, na parte leste do concello de Negreira. É unha poboación que está cruzada polo río Tambre. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 66 habitantes (34 homes e 32 mulleres).

Toponimia O topónimo A Ponte Maceira ten dous elementos: Ponte (do latín ) e o fitónimo Maceira, do latín , maceira.

Xeografía Na Ponte Maceira, entre os municipios de Ames e Negreira, está o conxunto monumental formado polo poboado primitivo, un antigo muíño, presa, capela, un pazo moderno e ponte Maceira, construída sobre o Tambre no século XIII, aproveitando os piares doutra romana anterior. Consta de cinco arcos e dous máis pequenos.

Historia esquerda|miniatura|Escudo do concello de Negreira miniatura|dereita|Conxunto patrimonial da Ponte Maceira. Era paso obrigado no Camiño marítimo de Santiago unindo a cidade do Apóstolo Santiago con Fisterra. Existe unha coñecida lenda, que xa recollera o Códice Calixtino (Libro III, Capítulo I), que relaciona Negreira coa tradición xacobea. A lenda afirma que os discípulos do Apóstolo Santiago viñan a todo correr dende o norte, xa que non atopaban quen acollera o corpo decapitado de seu mestre. Detrás deles, os lexionarios romanos trataban de darlles caza. Os cristiáns cruzaron a Ponte Maceira e viron como, de súpeto, cando o facían os romanos, a ponte veuse abaixo e grazas a esta intervención "divina" conseguiron escapar. Esta lenda quedou reflectida no escudo do concello desde 1866, cando se aprobou o deseño do actual escudo: "O consistorio na sesión plenaria do 24 de febreiro do 1866 deixaba escrito: Este pois é o acontecemento que este concello se propón lembrar no seu escudo de armas". Guía turística do concello de Negreira , 2009, px. 29.

Aquí tivo lugar, nos primeiros anos do século XII, unha batalla entre os homes do primeiro arcebispo de Compostela Diego Xelmírez e as tropas de Pedro Froilaz de Trava e os seus fillos Fernán Pérez de Traba e Bermudo, cos que os enfrontamentos na fronteira do Tambre da Terra de Santiago eran habituais. A Historia Compostelá relata o feito:

En arquitectura relixiosa destaca a igrexa románica de Portor.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Portor

Parroquias de Negreira

Notas

Categoría:Lugares de Negreira Categoría:Localidades do Camiño de Fisterra Categoría:Lugares divididos entre dous concellos