Irene Souto Blázquez, nada na Coruña en 1981, é unha enxeñeira de Camiños, Canles e Portos, licenciada en Dereito e máster en Administración Marítima e Xestión Portuaria. Traballa na Autoridade Portuaria da Coruña, onde é a xefa do Departamento de Desenvolvemento Portuario e Comercial. En 2021 foi elixida como unha das "Top 100 Mujeres Líderes de España".
Traxectoria Irene Souto é enxeñeira de Camiños, Canles e Portos e máster en Administración Marítima e Xestión Portuaria pola Universidade da Coruña e licenciada en Dereito pola UNED.
Comezou a súa carreira profesional na consultoría de enxeñería galega, ICEACSA. No ano 2007 incorporouse ao equipo directivo da Autoridade Portuaria da Coruña, onde desempeña o posto de Xefa do Departamento de Desenvolvemento Portuario e Comercial.
Ao longo da súa traxectoria recibiu varios premios: "Premio Modesto Vigueras 2015", nomeada "Referente Galega" por Executivas de Galicia e Top 100 Mujeres Líderes de España en 2021.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1981 Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes