Na mitoloxía grega, Pterelao era fillo de Tafio Tafio fundou a cidade de Tafos e chamou ós seus habitantes, teléboas. e neto de Poseidón e Hipótoe (polo tanto, descendente de Perseo, avó de Hipótoe). Segundo outras tradicións, era fillo de Poseidón e Hipótoe, e Tafio sería fillo seu. O seu avó Poseidón concedéralle o don da inmortalidade, sempre que conservara unha guedella de pelo de ouro que puxo na súa cabeleira; segundo Pseudo-Apolodoro, toda a súa cabeleira era de ouro Biblioteca mitológica II, 4, 5..

Un día, os fillos de Pterelao presentáronse ante Electrión, rei de Micenas para reclamar o reino, do que se consideraban herdeiros por liña do seu bisavó, Méstor, irmán de Electrión. Este negouse e entón aqueles decidiron roubar os rabaños do rei. Os fillos de Electrión Tiña nove fillos lexítimos, máis Alcmena e un fillo bastardo, Licimnio. saíron en defensa do gando e, no enfrontamento cos agresores, matáronse uns ós outros, sobrevivindo tan só Licimnio e Everes (este, un dos sete fillos de Pterelao).

Electrión ordenou vingar a morte dos seus fillos e foi Anfitrión, sobriño e xenro seu, quen organizou a expedición contra Tafos, a patria de Pterelao A lenda conta que Alcmena fixera a promesa de casar con quen vingase a morte dos seus irmáns, ou ben que, aínda que xa fora entregada a Anfitrión, xurara non xacer con el ata que os seus irmáns fosen vingados..

Pero o oráculo augurara que Tafos nunca sería conquistada mentres vivise Pterelao. O problema foi que a filla deste, Cometo, namorouse de Anfitrión e, para demostrarlle o seu amor, cortoulle a guedella de ouro ó pai, provocando así a súa morte, a caída da cidade e a súa propia ruína, pois Anfitrion matouna por parricida O mito lembra o de Niso, rei de Mégara, a quen a súa filla Escila cortoulle o guecho de pelo vermello que o facía invencible, por amor a Minos, rei de Creta..

Parte do botín capturado por Anfitrión a Pterelao foi un amplo escudo de bronce, sobre o que dormían Heracles e o seu irmán Ificles, aínda meniños, no episodio no que o primeiro mata sen maior esforzo ás dúas serpes que Hera enviou para acabar con el Graves, px. 493. Nesta ocasión, Hera actuaba movida polos celos contra Heracles, como fillo bastardo de Zeus..

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Homes na mitoloxía grega