Castro de Escuadro é unha aldea da parroquia de Castro de Escuadro, no concello de Maceda. Tiña 42 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 17 eran homes e 25 mulleres.

No século XX perdeu poboación por mor da emigración cara a lugares de Cataluña e o País Vasco.

O día 7 de agosto celebrase unha misa solemne con procesión en honra do patrón San Caetano, que visita unha imaxe de San Salvador e a capela da Virxe do Carmo. As festas de Castro de Escuadro celébranse na terceira fin de semana do mes de agosto, en xeral dous días con festa e verbena, sábado e domingo.

Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.

Lugares e parroquias Lugares de Castro de Escuadro

Parroquias de Maceda

Notas

Categoría:Lugares de Maceda Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía