miniatura| Hábitat do leopardo das neves. miniatura| Paisaxe de Tost. Bayarjargal (Bayara) Agvaantseren, nada en Rashaant, provincia de Khövsgö o 11 de xaneiro de 1969, é unha conservacionista mongol que fixo campaña para salvar o hábitat do leopardo das neves nunha área do deserto de Gobi meridional, que se converteu nun importante centro mineiro. Grazas aos seus exitosos esforzos para crear a Reserva Natural Tost Tosonbumba de 8.163 quilómetros cadrados, e lograr que as autoridades cancelen 37 licenzas mineiras, en 2019 foi galardoada co Premio Ambiental Goldman.
Traxectoria Bayarjargal Agvaantseren naceu o 11 de xaneiro de 1969 en Rashaant, provincia de Khövsgöl,. Traballou desde principios da década de 1990 como profesora de idiomas e tradutora, especializada en inglés e ruso. En 1997, interesada no medioambiente local, pasou o verán traducindo un estudo de investigación para Snow Leopard Trust. A partir de 1997, dedicou a súa carreira a salvar aos leopardos das neves e a axudar a manter ás familias rurais. En 1997, foi nomeada directora de programas de Snow Leopard Enterprises, posto que ocupou até 2007, cando se incorporou a Snow Leopard Trust como directora do programa de Mongolia. Consciente das dificultades ás que se enfrontan os pastores locais e as súas familias, ese ano fundou a Snow Leopard Conservation Foundation (Fundación para a Conservación do Leopardo das Neves), unha ONG destinada a axudar ás mulleres rurais a crear e vender as súas valiosas artesanías, á vez que conciencian sobre a necesidade da conservación do leopardo das neves.
En 2009, ao darse conta de que os seus esforzos en prol da conservación na rexión de Tost estaban ameazados polos intereses mineiros, comezou a centrar a súa atención en iniciativas políticas, mobilizando á comunidade local para facer campaña en favor da protección da paisaxe e dos seus leopardos das neves. Os seus esforzos continuaron ano tras ano, ata que finalmente o parlamento de Mongolia designou as montañas de Tost como Área Protexida do Estado en abril de 2016, co 80 % dos seus deputados votando a favor da proposta. Posteriormente coñecida como a Reserva Natural de Tost Tosonbumba, todas as licenzas mineiras na área foron canceladas desde entón.
Grazas aos seus esforzos por protexer o hábitat do leopardo das neves en Tost e as vidas das familias locais, en abril de 2019 foi unha dos seis ambientalistas de todo o mundo que recibiu o Premio Ambiental Goldman.
Notas
Categoría:Nados en Mongolia Categoría:Nados en 1969 Categoría:Premio Medioambiental Goldman Categoría:Ecoloxistas de Mongolia