L.A. 2017 é un episodio da serie de televisión The Name of the Game emitido en 1971. Ás veces chamado "Los Angeles: AD 2017" (o nome da novela de Philip Wylie creada en base ó guión) ou "Los Angeles 2017" é unha peza de ciencia ficción rodada cun orzamento de 375 000 dólares. O director foi Steven Spielberg cando tiña 24 anos, usou ángulos de cámara para dirixir o seu primeiro episodio de televisión e comentou en anos posteriores que o programa "abriume moitas portas".

É o décimo sexto episodio da terceira tempada, e o elenco inclúe a Barry Sullivan, Edmond O'Brien e (nun breve cameo) a amiga de Spielberg Joan Crawford. O episodio ten unha duración de 76 minutos (90 minutos incluíndo os anuncios). O episodio nunca foi estreado en formato de vídeo caseiro, nin como filme independente nin como parte da serie. Presentar a historia como un soño era a única maneira en que o relato de ciencia ficción de Wylie podía encaixar no peculiar formato de The Name of the Game, un programa sobre o negocio das revistas ambientado no presente e que rota entre Gene Barry, Tony Franciosa e Robert Stack (e na terceira tempada contando con Peter Falk, Robert Wagner e Robert Culp).

Personaxes

Gene Barry como Glenn Howard Barry Sullivan como Dane Bigelow Edmond O'Brien como Bergman Severn Darden como Cameron Paul Stewart como Dr. Rubias Alicia Bond como Dr. Barton Regis Cordic como Chairman Joan Crawford como Board member Walt Davis como técnico Sharon Farrell como Sandrelle Michael C. Gwynne como Dr. Parker Steven Karpf como Karpf Louise Latham como Helen Bigelow Geoffrey Lewis como Bates Sarah Lord como técnico Gloria Manon como Dr. Arnold Phil Montgomery como Keeger Stuart Nisbet como Dr. Simmons Jason Wingreen como Hammond

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Steven Spielberg