Acontecementos
Aliado a Gondebaldo, rei dos Burgundios, o rei franco Clovis I derrota os visigodos na batalla de Vouillé, preto de Poitiers, e mata o seu rei Alarico II. Saqueo de Tolosa. Os francos toman a Aquitania. Os visigodos son rexeitados cara a Península Ibérica. Xesaleco sucede ao seu pai como rei dos visigodos. Sitio de Arles, que duraría até o ano seguinte. Teodorico o Grande axuda os visigodos e ocupa a Provenza e a Septimania, bloqueando o acceso dos francos ao mar (509). A Septimania (Carcasona, Béziers, Agde, Lodève, Nîmes, Uzès e Elne) serán visigodas até 718. Amalarico tórnase rei dos visigodos baixo a tutela de Teodorico o Grande. Casará con Clotilde, filla de Clovis I. En Roma, Teodorico o Grande impón o papa Símaco contra o antipapa monofisita Lourenzo. O sabio indio Aryabhata propón o teorema da regra de tres. O Imperio bizantino padece saqueos persas. Na Lei sálica menciónase o rito da commandatio, pola cal un vasalo se encomenda á protección dun señor, a quen se compromete a servir.
Nacementos
Mortes Alarico II, rei dos visigodos (na Batalla de Vouillé) Domangart mac Ferguso, rei de Dál Riata Buretsu, 25º emperador do Xapón (n. 489).
Véxase tamén
Historia ano a ano
Categoría:507