Leng Ouch é un activista climático camboxano. Pasou a súa primeira infancia nos bosques de Camboxa e converteuse nun activista contra a talla ilegal nos mesmos. É máis coñecido por actuar de incógnito para rexistrar as actividades de talla ilegal no seu país de orixe. Recibiu o premio Goldman polo medio ambiente en 2016.

Traxectoria Leng Ouch pasou a maior parte da súa infancia no réxime dos Khmer vermellos. Pasou a primeira parte da súa vida escondido nas selvas de Camboxa comezando a súa educación despois de que a familia se trasladara a Phnom Penh en 1980. Traballou para poder acceder á súa educación e obtivo unha bolsa de dereito que lle permitiu unirse a moitas organizacións de dereitos humanos comezando a súa carreira como activista.

Leng Ouch fundou as Cambodia Human Rights Task Forces (CHRTF), unha organización para combater a deforestación en Camboxa. Durante as décadas de 2000 e 2010, Leng infiltrouse en situacións a miúdo perigosas, tomando fotografías e rexistrando probas de talla ilegal, o que provocou a cancelación de 23 concesións de terras, cubrindo 220.000 acres de bosques, e a exposición dunha importante empresa madeireira. A miúdo, adoptando disfraces para axudar no seu traballo facéndose pasar por traballador, comerciante de madeira, condutor, turista e mesmo como cociñeiro, Leng axudou a descubrir miles de delitos e confiscar madeira e equipo de talla. Leng enfróntase ao perigo na súa liña de traballo, xa que foi arrestado con outros activistas varias veces. Adicionalmente as accións de defensa do medioambiente en Cambodia son perigosas, nalgúns casos levando á morte. En 2012 o activista ambiental Chuck Wutty, colega de Ouch, foi brutalmente asasinado, e en 2015 un gardabosques e un oficial de policía foron asasinados cando patrullaban os bosques en busca de talla ilegal e caza furtiva.

Recoñecementos Leng foi galardoado co Premio Ambiental Goldman en 2016 polo seu traballo que expón a corrupción e a talla ilegal en Cambodia.

Notas

Categoría:Nados en Camboxa Categoría:Ecoloxistas de Camboxa Categoría:Premio Medioambiental Goldman