Os Xogos Olímpicos de 1932 tiveron lugar nos Ánxeles (California) entre o 30 de xullo e o 14 de agosto, coa participación de 1.332 atletas (1.206 homes e 126 mulleres), representando 37 países, en 17 modalidades deportivas.

Historia Após case tres décadas en Europa, os Xogos Olímpicos atravesaron o océano Atlántico e América até a soleada California, a única rexión do país que sobrelevara economicamente a Gran Depresión tralo crack de 1929. Por causa da distancia, o número de participantes foi menor que nos anteriores, mais os Xogos tiveron unha gran calidade técnica, coa superación de 18 récords mundiais, e sendo introducido o límite máximo de tres competidores por país nas probas individuais, regra que perdura até os nosos días.

Nos Ánxeles foi construída a primeira vila olímpica verdadeira da historia, composta de setecentos chalés e disposta nunha área adxacente ó monumental estadio Memorial Colyseum, sede dos Xogos. Os organizadores tamén introduciron nestes Xogos os máis modernos servizos de cronometraxe e fotografía electrónica da chegada da época, construíron a máis espectacular e veloz pista de atletismo do mundo, e crearon un proceso rápido e profesional de divulgación dos resultados para a prensa, alén da transmisión simultánea de toda a competición por dúas emisoras de radio.

Todos os eventos foron disputados no prazo de dúas semanas sen interrupción, o que a partir deste momento guiaría o sistema de disputa dos Xogos Olímpicos.

Modalidades disputadas miniatura|240px|Participantes. Atletismo Boxeo Ciclismo Esgrima Ximnasia Halterofilia Hípica Hóckey sobre herba Loita Natación Péntatlon moderno Wáter-polo Remo Saltos de trampolín Tiro Vela

Cadro de medallas Cadro de Medallas 50px Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total 1 20px Estados Unidos413230103 2 12121236 3 105419 4 95923 5 77418 6 64515 7 581225 8 47516 9 312520 10 3115

Notas

Categoría:Deporte en 1932 Categoría:Xogos Olímpicos Categoría:Deporte nos Ánxeles