Feliciano Valencia Medina, nado en Santander de Quilichao, Cauca, Colombia o 9 de xullo de 1955, é un líder indíxena nasa.

Traxectoria Un dos nove fillos de Claudio Valencia e Fidelina Medina. Cursou primaria na escola da súa verea.Feliciano Valencia Medina; La Silla Vaciía, 13 de xullo de 2016. Na adolescencia foi xornaleiro colleiteiro de café e de algodón.Las luchas del líder de los nasas en el Cauca; El Tiempo, 23 de xullo de 2012.

Valencia obtivo varios cargos na súa comunidade, o Resgardo indíxena de Canoas, en Santander de Qulichao e, como directivo do Consello Rexional Indíxena do Cauca (CRIC). En 2010, presentouse para a alcaldía de Santander de Quilichao, a súa vila natal, aínda que perdeu.

No 2010, no aeroporto de Cali, cando ía rumbo á Arxentina como voceiro dun encontro de indíxenas, foi detido, acusado de "secuestro simple", porque en 2008 no medio dunha mobilización masiva dos indíxenas, un cabo do Exército, vestido de civil, co camuflado e a arma nunha mochila, foi retido pola garda indíxena e castigado polas autoridades indíxenas das comunidades locais. O xuíz de primeira instancia declarouno inocente, considerando que as autoridades indíxenas cumprían as súas funcións legais e Feliciano non tomara as decisións. En setembro de 2015 foi capturado tras ser condenado en segunda instancia polo Tribunal do Cauca, que o condenou a 18 anos de cárcere. A Corte Suprema de Xustiza de Colombia declarouno inocente e liberouno o 28 de xuño de 2017, con criterios semellantes aos do xuíz de primeira instancia, concluíndo que na retención do cabo déronse os factores para a aplicación do foro indíxena.Corte Suprema de Justicia Sentencia SP 9243 de 2017.

Nas eleccións lexislativas de Colombia de 2018, foi candidato ao Senado polo Movemento Alternativo Indíxena e Social e foi elixido o 11 de marzo de 2018 como senador da República para o período 2018-2022.Rexistraduría Nacional do Estado Civil Resultados Senado Circunscrición Indíxena ; Eleccións 2018. Consultado o 12 de marzo de 2018

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobo nasa

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Pobo nasa Categoría:Activistas de Colombia Categoría:Senadores de Colombia Categoría:Colombianos de ascendencia indíxena Categoría:Políticos do Movemento Alternativo Indíxena e Social