Abante, na mitoloxía grega, foi un fillo de Poseidón coa ninfa Aretusa, filla de Nereo, o Vello do Mar. Outra tradición, propia de Atenas, faino fillo de Calcón Fillo de Metión, que á súa vez era fillo de Erecteo, un rei mítico de Atenas.
Considérase epónimo dos Abántidas.
Casou con Melanipa (ou Melanipe) Non confundir con outras mulleres tamén denominadas así, como a que procreou de Poseidón a Beoto e Eolo (a este segundo, Hixino denomínao Helén (Fabulas 157)); ou a irmá da raíña das amazonas Hipólita, á que matou Heracles. e tivo dous fillos, Caneto e Calcodonte (ou Calcodón), quen lle sucedería no trono do reino de Eubea. Calcodonte tivo dous fillos, Calcíope e Elefénor.
Este Elefénor liderou os seus exércitos na Guerra de Troia, os Abantes ou Abántidas, e terminaría morrendo a mans de Axénor Homero: Ilíada IV, 467-471..
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Homes na mitoloxía grega