Concepción González Bello, nada en Vigo en 1966, é unha investigadora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela. En 2021 converteuse na primeira muller en recibir a medalla Ignacio Ribas que outorga a Real Sociedad Española de Química.

Traxectoria Licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela en 1989, onde tamén realizou o doutoramento con estancias en Bélxica e os Estados Unidos. Posteriormente obtivo un contrato posdoutoral na Universidade de Cambridge durante dous anos.Claramunt (2012) Dende finais do 1996 é profesora da Universidade de Santiago de Compostela.

A súa investigación céntrase principalmente no desenvolvemento de novas terapias para o tratamento das infeccións causadas polos patóxenos resistentes a múltiples fármacos. É editora académica da revista PLOS ONE (2015-), membro do Consello Asesor Internacional da revista Advanced Therapeutics (2017-), tesoureira do Grupo Especializado en Bioloxía Química da Real Sociedade Española de Química e xestora da Axencia Estatal de Investigacións, na subárea "Ciencias e Tecnoloxías Químicas (CTQ).

Recoñecementos En 2021 foi galardoada coa Medalla Ignacio Ribas que outorga a Real Sociedad Española de Química.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210. Ligazóns externas Concepción González Bello No CIQUS da USC.

Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1966 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes