Virna Alexia Cedeño Escobar, nada en Quito o 25 de novembro de 1967, é unha bióloga, profesora universitaria e política ecuatoriana, candidata á vicepresidencia de Ecuador nas eleccións presidenciais de 2021 pola organización política Pachakutik.
Traxectoria Virna estudou bioloxía na Universidade de Guayaquil e obtivo o seu doutoramento en biotecnoloxía molecular pola Universidade de Montpellier. Foi coordinadora académico-científica do programa de biotecnoloxía da Universidade de Guayaquil, onde promoveu a creación da primeira mestría en biotecnoloxía molecular de Ecuador. Ademais, é propietaria de Concepto Azul, unha empresa de biotecnoloxía ecolóxica para o desenvolvemento agrícola e acuícola.
Doutra banda, participou en programas de rescate de menores en situación difícil e durante oito anos desenvolveu na Penitenciaría do Litoral un programa escola sobre acuicultura e agricultura social. En 2017 foi unha dos membros da Comisión Anticorrupción no núcleo Guayas.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Montpellier Categoría:Alumnos da Universidade de Guayaquil Categoría:Biólogos de Ecuador Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Quito Categoría:Políticos de Ecuador Categoría:Políticos de Pachakutik