Juan Caamaño Cebreiro, nado o 31 de decembro de 1951 en Vigo, é un político galego ligado ao PPdeG.
Traxectoria Fillo de Francisco Caamaño González. Licenciado en enxeñaría industrial, foi conselleiro de Pesca con Manuel Fraga (1993-1997), director do Instituto Enerxético de Galicia, e desde o 2006 é auditor do Consello de Contas de Galicia.
Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes