A fibromialxia é unha doenza crónica caracterizada sola presenza de dor persistente e crónica que pode chegar a ser invalidante, especialmente en localizacións específicas do corpo denominadas tender points ou puntos sensíbeis ou zonas gatillo. A etioloxía da enfermidade é descoñecida aínda que se cre que pode ter unha orixe autoinmune, neurolóxica ou psiquiátrica. É unha doenza complexa que abrangue as esferas social, biolóxica e psicolóxica (enfoque biopsicosocial).
A súa prevalencia en España é do 2,37%, con claro predominio en mulleres de entre 30 e 55 anos.
O 12 de maio celébrase o Día Mundial da Fibromialxia e da Síndrome de Fatiga Crónica, en homenaxe á data de nacemento de Florence Nightingale, enfermeira británica, considerada precursora da enfermería profesional contemporánea .
Síntomas Os síntomas da fibromialxia son inespecíficos e poden solaparse cos síntomas doutras doenzas. Entre as manifestacións máis frecuentes atópanse: Dor xeneralizada en varios puntos do corpo, coñecidos como zonas gatillo ou puntos sensíbeis (tender points). Existen 18 puntos sensíbeis. Fatiga ou cansazo. Trastornos do sono: insomnio, hipersomnolencia, mal descanso nocturno. Trastornos psíquicos: ansiedade, depresión, irritabilidade. Dor de cabeza (cefalea tensional). Trastornos do ritmo intestinal como estrinximento ou diarrea (síndrome de colon irritable). Hipersensibilidade á dor (hiperalxesia) ou ao tacto (alodinia). Cambras musculares (parestesias).
Diagnóstico Non existe ningunha proba que permita realizar o diagnóstico de fibromialxia.
Tratamento Non existe un fármaco ou tratamento específico para tratar a fibromialxia. As terapias que existen están enfocadas a paliar os síntomas e mellorar a calidade de vida das persoas con fibromialxia.
Entre as opcións terapéuticas para tratar esta doenza destacan: Tratamento médico: Antidepresivos: amitriptilina, duloxetina, paroxetina, fluoxetina. Relaxantes musculares: ciclobenzaprina, benzodiacepinas. Analxésicos: opioides (tramadol, tapentadol, morfina, buprenorfina, fentanilo), paracetamol, antiinflamatorios esteroideos (corticoides), antiinflamatorios non esteroideos (ibuprofeno, metamizol). Anticomiciais: pregabalina, gabapentina. Outros: pramipexol, nabilona, oxibato sódico, hormona do crecemento, ketamina, cánnabis, lidocaína.. Tratamento psicolóxico: Terapia cognitivo condutual (TCC). Terapia condutual operante (TCO). Outras recomendacións: Exercicio físico, sobre todo de tipo aeróbico e de fornecemento muscular. Exercicios de relaxación. Terapia manual ou fisioterapia. Acupuntura.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Síndrome de fatiga crónica Cefalea tensional Síndrome do colon irritábel Cistite intersticial
Categoría:Síndromes Categoría:Termos médicos