Jorge Parra Fernández, nado na Coruña c. 1892 e finado na mesma cidade o 4 de xaneiro de 1940, foi un futbolista galego.
Traxectoria Xogou no Deportivo da Coruña poucos anos despois da fundación do club, e gañou con este o Concurso España en 1912, tras derrotar ao Vigo FC. Deixou o club despois de que a directiva lles impedise aos futbolistas xogar contra o Real Club Coruña, pasando brevemente polo propio Coruña, e formando parte logo do cadro de xogadores e da directiva do novo Deportivo Auténtico, a escisión creada polos futbolistas do Deportivo descontentos.
Posteriormente arbitrou partidos de fútbol e foi presidente do Jubias FC. Durante a guerra civil foi sometido polas autoridades franquistas a un consello de guerra, acusado de rebelión, e condenado a cadea perpetua. Faleceu o 4 de xaneiro de 1940, aos 47 anos de idade.
Familia Casou con Leonor Campos e tiveron tres fillos: Francisco, Manuel e Arturo.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1940 Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Club Coruña Categoría:Represaliados polo franquismo