Eremophilus mutisii é unha especie de siluriforme da familia Trichomycteridae, e o único membro do seu xénero. Este peixe medra arredor de 30 centímetros e orixinario da conca do río Bogotá, o cal é un afluente do río Magdalena. Probabelmente foi introducido nos vales de Ubaté, Chiquinquirá e Tundama, en Colombia.

Hábitat É un peixe de auga doce e de clima frío (10 °C-13 °C). É unha especie territorial con hábitos bentónicos. Pode vivir en baixas concentracións de osíxeno e mesmo pode respirar fóra da auga. Rexistra perda de hábitat na súa área de distribución natural orixinal. A especie foi introducida fóra da súa distribución natural no lago de Tota e na lagoa da Cocha como alimento para a troita.

Notas

Categoría:Peixes de Colombia Categoría:Fauna endémica de Colombia Categoría:Animais descritos en 1805