A ponte de Ponte Sampaio é unha ponte medieval que cruza o río Verdugo localizada entre a parroquia de Ponte Sampaio no concello de Pontevedra e a parroquia de Arcade no concello de Soutomaior.
Historia A ponte está construída sobre unha cimentación romana. As primeiras referencias a esta ponte datan dos séculos X-XI, cando se chamaba "Ponti Sancti Pelagli de Lutto" (Ponte de San Paio de Lodo) e era propiedade dos condes de Borgoña.. A mítica fortaleza de San Paio de Lodo estaba situada preto desta ponte, o lugar onde loitaron os exércitos de Doña Urraca e o arcebispo Xelmírez. En 997, Almanzor cruzouna destruíndo a fortaleza que a defendía. Calquera que quixera cruzar o río pola ponte tiña que pagar unha peaxe, pero grazas ao arcebispo compostelán Diego Xelmírez isto rematou no século XII.
A ponte foi testemuña da batalla de Ponte Sampaio contra a invasión francesa, que tivo lugar os días 7 e 8 de xuño de 1809 con intenso lume de canón a ambas as beiras do río Verdugo e na que se derrotou aos franceses.
Descrición É unha ponte de pedra de 144 metros de lonxitude e dez metros de ancho. Conta con dez arcos apuntados de media punta entre os que se sitúan grandes tallamares. Ten un peitoril de pedra e presenta profundas modificacións e reconstrucións levadas a cabo nos séculos XVI e XVIII.
A ponte forma parte da estrada PO-264 e pertence á rede de estradas da Xunta de Galicia. Pola ponte pasa o camiño Portugués de peregrinación a Santiago de Compostela.
Cultura Na praza de España da cidade de Pontevedra atópase o monumento aos heroes de Ponte Sampaio. A construción central de granito simboliza un dos piares da ponte de Ponte Sampaio, onde tivo lugar a maior parte da batalla de 1809.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Ponte do Burgo Ponte de Santiago Ponte da Barca, río Lérez Ponte dos Tirantes Ponte das Correntes
Ligazóns externas A ponte medieval de Ponte Sampaio na páxina web de Turismo de Galicia A ponte na páxina web de Turismo Rías Baixas
Categoría:Pontes de Pontevedra Categoría:Soutomaior